viernes, 26 de julio de 2019

VOLUNTARIADO E AVE DO ANO 2019

Femia con poliño. Foto: O. Gaitán.

Iniciamos un novo Proxecto de Conservación da Píllara das dunas ou Chorlitejo patinegro, nas praias da comarca do Barbanza (CO), coa colaboración da Deputación da Coruña. 

Este proxecto ademáis de seguemento da especie, inclue custodia de niños e polos, educación ambiental con nenos e adultos,  divulgación das ameazas que sufre nas praias, etc.

Para elo demandamos a colaboración cidadán a través do Programa de Voluntariado Ambiental  Followers, para o cal hai mais información aquí. Si tés entre 18 e 30 anos e ganas de axudar na conservación do medio ambiente contacta con nos

ÁNIMATE A PARTICIPAR COMO VOLUNTARIO E AXUDA A PILLARA DAS DUNAS, AVE DO ANO 2019!

Educación ambiental con nenos na praia de Coroso, Ribeira. Xullo 2019. Foto: E. González.

No hay comentarios:

Publicar un comentario