lunes, 5 de agosto de 2019

2ª XORNADA DE DIVULGACIÓN E SENSIBILIZACIÓN DAS PÍLLARAS DAS DUNAS NAS PRAIAS DO BARBANZA


Píllara das duna no Barbanza. G. Ferreiro.

 O próximo venres 16 de agosto faremos unha nova "Xornada de Divulgación e Sensibilización" da Ave do Ano 2019, nas praias da península do Barbanza.


A xornada será pola mañan na praia urbana de Coroso  e pola tarde estaremos na praia do Vilar do Parque Natural de Corrubedo, ambas no concello de Ribeira (CO).

Voltaremos a estar a disposición de todolos usuarios das praias 4 ornitólogos especialistas na especie, varios telescopios terrestres para observar as píllaras a distancia e entregaremos publicación relacionadas coa Ave do Ano 2019.

Animate e ven a coñecer as píllaras das dunas!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario