jueves, 28 de noviembre de 2019

A AVE DO ANO NO BARBANZA

Durante este outono membros do noso grupo local percorremos unha gran parte dos colexios de primaria da comarca do Barbanza para levarlle aos mais pequenos un agasallo: a Píllara das dunas.


Foron 492 alumnos e 37 profesores dos concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Porto do Son e Noia, a quenes dímoslle a coñecer esta limícola, falámoslle da importancia da sua protección, dos problemas cos que se enfrenta e como eles coas suas pequenas pero importantes accións, poden colaborar na conservación de esta especie tan emblemática das suas praias.


Tamén onte no Auditorio do museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, impartimos unha charla, neste caso para adultos, para mostrar os resultados do proxecto e as medidas de conservación que este ano SEO-Pontevedra levamos a cabo coas píllaras das dunas do Barbanza.




Tanto nenos como profesores e público en xeral, mostraron moito interés polo coñecemento desta  ave protexida, polo  que todos foron obsequiados con posters, trípticos e marcapáxinas ilustrados coa Ave do Ano 2019.



Todas estas actividades englóbanse no "Proxecto de Conservación da Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) na península do Barbanza. A Coruña", no que colabora a Deputación da Couña.

lunes, 25 de noviembre de 2019

A PÍLLARA DAS DUNAS DO BARBANZA


O mércores día 27 de novembro, as 20:30h, impartiremos unha charla sobre "A Píllara das dunas do Barbanza", no Auditorio do museo Valle-Inclán, praza Cantón da Leña, s/n. da Pobra do Caramiñal, A Coruña.
Esta actividade englóbase no proxecto que vimos desenvolvendo no Barbanza coa colaboración da Deputación da Coruña.

Quedades todos convitados!!

martes, 19 de noviembre de 2019

XXIV CONGRESO ESPAÑOL DE ORNITOLOGÍA


Entre los días 13 y 17 de noviembre varios miembros de nuestro grupo local  nos hemos desplazado a Cádiz para presentar una ponencia en el taller "Aves, edificios e infraestructuras" para los GGLL de SEO/BirdLife, en el XXIV Congreso Español y VII Congreso Ibérico de Ornitología.

Todas las ponencias presentadas en el Congreso han tenido un gran interés y un alto nivel, destacando también una participación muy elevada con más de 300 congresistas.

martes, 12 de noviembre de 2019

ÉXITO DAS PÍLLARAS DAS DUNAS NA RESERVA ORNITOLÓXICA DE SEO/BIRDLIFE DO GROVE

Esta tempada foi moi exitosa para as píllaras das duna (Charadrius alexandrinus) na praia da Lanzada da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.

Dos 14 polos que naceron de 5 niños, 10 chegaron a voar, isto supón o 71,42% de polos voados sobre polos nados.

Polos voantons. Praia da Lanzada.  J. Gómez.
Algo terán que ver con este éxito o esforzo e a implicación dos voluntarios do grupo SEO-Pontevedra que velan para que esta especie ameazada non desapareza da Reserva.

Algo terá que ver a protección con parcelas de exclusión dos niños e as 134 horas horas de vixilancia de niños e pitos, que os voluntarios fixeron desde o 8 de marzo ata o 28 de setembro, cando o último polo abandonou a praia.

Algo terá que ver o grande esforzo que fixeron informando aos donos dos 173 cans que detectaron na praia e mostrándolles os problemas de conservación que causan nas píllaras.

O. Gaitán.
Algo terá que ver que un ano máis non se retiren as algas da area (onde as píllaras das dunas atopan o seu alimento) e que a limpeza sexa manual e selectiva.

Algo terá que ver a información e asesoramento que desde SEO imparten aos operarios da limpeza das praias e demais persoal que traballa nela.

Algo terá que ver que cada ano leven a píllara das dunas aos nenos de todos os colexios da comarca para que a coñezan e respecten.


G. Ferreiro.
Algo terán que ver as múltiples limpezas de residuos na praia que organizaron con voluntariado adultos e infantil fóra da época reprodutora.


G. Ferreiro.
Algo terán que ver as “Xornadas de Sensibilización e Concienciación” a pé de praia e as publicacións que  repartimos a tantísimos usuarios.

E. González.
Algo terá que ver que non haxa papeleiras na praia (foco de atracción de depredadores), e que os usuarios se responsabilicen dos seus propios residuos.

Algo terán que ver os innumerables carteis informativos da píllara das dunas que hai nos accesos á Lanzada.

G. Ferreiro.
Algo terán que ver as xestións realizadas por SEO-Pontevedra coas administracións e organismos implicados na conservación da especie: Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Concello do Grove e Sanxenxo ou Costas do Estado.

Algo terán que ver as reunións e xornadas técnicas levadas a cabo co “Grupo Píllara” para coidar desta ave en Galicia.

Algo terá que ver a difusión das noticias da píllara en blogues, en foros de aves, na radio e os artigos publicados en prensa escrita.

Algo terá que ver a implicación e o esforzo do Concello do Grove, do Servizo de Conservación dá Natureza de Pontevedra (Xunta de Galicia) e dos axentes ambientais do espazo.

E. González.
E non terá tamén algo que ver que este ano a píllara das dunas sexa AVE DO ANO 2019?

De todos nós e do noso comportamento adecuado e respectuoso depende o futuro desta xoia do litoral galego.

 A todas as persoas que loitan para que non se extingan as píllaras das dunas das praias de Galicia, GRAZAS!!

sábado, 9 de noviembre de 2019

ILUSTRADORAS DA NATUREZA


Onte venres inagurouse a exposición "Ilustradoras de natureza", que recolle o traballo colectivo de catro mulleres ilustradoras: Lara Ingelmo, Marta Niñambres, Sandra Montañés e Encarna González, pintora do noso grupo local.

O medio mariño e as aves protagonizan esta exposición.

A mostra situada na planta baixa do Castelo de Santa Cruz, Oleiros, está organizada polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), e podrá visitarse hasta o 4 de xaneiro do 2020.