miércoles, 28 de noviembre de 2018

RETIRANDO RESIDUOS DA PRAIA DA LANZADA

Charla introductoria da xornada.
 Hoxe dende SEO-Pontevedra e en colaboración coa Fundación Biodiversidade e o Concello do Grove, 52 nenos voluntarios do IES Monte da Vila grovense participaron nunha xornada de retirada de residuos na praia da Lanzada, que forma parte da Reserva Ornitolóxica de SEO/birdLife do Grove.


Durante unhas tres horas os rapaces, con moito entusiasmo, percorreron un tramo do areal e retiraron toda clase de basuras contaminantes: bastonciños dos oídos, cordeles, cordas, botellas, zapatos, vidros, nasas, tapons, redes, boías, cubos... 


Con esta acción tanto profesores como concello e demais organizacións tratamos de que os nenos sexan conscientes da gran acumulación de basura do entorno costeiro e de seu impacto negativo na naturaleza e non só dos residuos de gran tamaño, senon principalmente dos plásticos pequenos.

Caracterización e estudo de residuos.
Os resultados do traballo dos nenos salta a vista.


domingo, 25 de noviembre de 2018

I SIMPOSIO INTERNACIONAL "FAUNA Y EDIFICIOS, MANEJO Y CONSERVACIÓN"


Durante os días 22 e 23 de novembro, menbros do grupo local SEO-Pontevedra asistimos ao I Simposio Internacional  "Fauna y Edificios, manejo y Conservación" celebrado en Vitoria.


Neste acto pretendeuse unir a expertos españois e extranxeiros para poñer en común seus estudos e investigacións co fin de protexer as especies que aniñan ou se refuxian en edificios.


A participación foi moi exitosa, cunha afluencia dunhas 200 persoas (multiplicándose por catro as espectativas previstas de participantes), e onde poidemos compartir experiencias con especialistas de España e Europa procedentes de diferentes ámbitos da conservación, a arquitectura, ONG, institución ou asociacións empresariais relacionadas coa fauna e os edificios.

jueves, 15 de noviembre de 2018

CAIXAS-NIÑO PARA CIRRIO COMÚN NO CASTELO DE SOBROSO


Estos días en colaboración coa Deputación de Pontevedra, estivemos instalando caixas-niño para cirrio común (Apus apus), ou vencejo común en castelán, no castelo de Sobroso, Mondariz (Pontevedra). 



Esta acción é unha medida compensatorias a perda de ocos de aniñamento por unha restauración arquitectónica non cuidadosa do castelo, na que rexuntaron a sillería dos muros onde estaban os buratos da colonia.



Colocamos 8 caixas (16 niños) de mortero de cemento madera nun dos laterais do castelo e na torre, onde aniñaban os cirrios.


Tamén instalamos no interior do castelo de Sobroso 2 caixas-refuxio para morcegos, dos que hai constancia.



Agora só queda esperar que cando volten estas extrarodinarias aves, ocupen as caixas.


domingo, 11 de noviembre de 2018

LAS AVES DE SAN SIMÓN

Pato asubión. Mareca penelope. 11/11/2018.
Despois do temporal, o tempo dounos uhna tregua que aproveitamos para disfrutar das aves da enseada de San Simón. 

Percorrimos diferentes ambientes deste rincón da ría de Vigo como portos, praias, intermareal, pequenas enseadas e bosqueciños das contornas.

Foi un día tranquilo e moi interesante xa que observamos 64 especies e 4256 aves. 

Esta é a lista de algunhas das aves detectadas:

Nome científico Nome galego  Nome castelán
Phalacrocorax carbo Corvo mariño grande Cormorán grande
Phalacrocax aristotelis Corvo mariño cristado Cormorán moñudo
Egretta garceta Garzota común Garceta común
Ardea cinerea  Garza real Garza real
Cignus olor Cisne mudo Cisne vulgar
Branta bernicla Ganso carinegro Barnacla carinegra,  4
Anas platyrhynchos Pato real Ánade azulón
Mareca strepera Pato frisado Anade friso
Mareca penelope Pato asubión Silbón europeo, 792
Anas acuta Pato rabilongo Anade rabudo
Buteo buteo Miñato común Busardo ratonero
Falco peregrinus Falcón peregrino Halcón peregrino
Gallinula chloropus Galiñola común Gallineta común
Haematopus ostralegus Gavita  Ostrero euroasiático
Charadrius hyaticula Píllara real Chorlitejo grande
Pluvialis squatarola Píldora cincenta Chorlito gris
Pluvialis apricaria Píldora dourada Chorlito dorado
Arenaria interpres Virapedras Vuelvepiedras común
Calidris alpina Pilro común Correlimos común
Actitis hypoleucos Bilurico das rochas Andarríos chico
Tringa totanus Bilurico común Archibebe común
Tringa nebularia Bilurico claro Archibebe claro
Limosa laponica Mazarico rubio Aguja colipinta
Numenius arquata Mazarico real Zarapito real
Numenius phaeopus Mazarico chiador Zarapito trinador
Chroicocephalus ridibundus Gaivota chorona Gaviota reidora
Ichthyaetus melanocephalus Gaivota cabecinegra Gaviota cabecinegra
Larus michahellis Gaivota patiamarela Gaviota patiamarilla
Larus fusvus Gaivota escura Gaviota sombría
Larus marinus Gaivotón  Gavión atlántico
Thalasseus sandwicensis Carrán cristado Charrán patinegro
Columba livia  domestica Pomba doméstica Paloma doméstica
Columba palumbus Pombo torcaz Paloma torcaz
Streptopelia decaocto Rula turca Tórtola turca
Alcedo atthis Martiño peixeiro Martín pescador
Ptyonoprogne rupestris Anduriña dos penedos Avión roquero,   10
Anthus pratensis Pica dos prados Bisbita pratense
Motacilla cinerea Lavandeira real Lavandera cascadeña
Motacilla alba Lavandeira branca Lavandera blanca
Troglodytes troglodytes Carriza común Chochín común
Erithacus rubecula Paporrubio europeo Petirrojo europeo
Phoenicurus ochruros Rabirrubio negro Colirrojo tizón
Turdus merula Merlo común Mirlo común
Cettia cetti Rousinol bravo Cetia ruiseñor
Cisticola juncidis Carriza dos xuncos Cistícola buitrón
Phylloscopus collybita Picafollas europeo Mosquitero común
Regulus ignicapilla Estreliña riscada Reyezuelo listado
Aegithalos caudatus Subeliño rabilongo Mito común
Lophophanes cristatus Ferreiriño cristado Herrerillo capuchino
Periparus ater Ferreiriño negro Carbonero garrapinos
Parus major Ferreiro real Carbonero común
Garrulus glandarius Gaio da fraga Arrendajo euroasiático
Pica pica Pega rabilonga Urraca común
Corvus corone Corvo pequeno Corneja negra
Sturnus unicolor Estorniño negro Estornino negro
Passer domesticus Pardal común Gorrión común
Fringilla coelebs Pimpín común Pinzón común
Carduelis carduelis Xílgaro europeo Jilguero europeo
Linaria cannabina Liñaceiro común Pardillo común

viernes, 2 de noviembre de 2018

SAN SIMÓN


O próximo sábado 10 de novembro faremos unha excursión a enseada de San Simón, en Vilaboa, cuxo valor ambiental caracterizase entre outros, por ser lugar de invernada de aves acuáticas, principalmente anátidas.

Completaremos o roteiro visitando outros puntos da ría.


Se queres participar na saída só tes que enviarnos un correo e daremosche máis información.



É fundamental inscribirse para poder participar nas excursiones de SEO-Pontevedra.


A píllara das dunas é unha pequeña limícola que aniña nas praias de Galicia. É unha especie ameazada polo que necesita medidas de conservación.

O grupo local SEO-Pontevedra leva varios anos facendo o seguemento e colaborando na protección da poboación reproductora das praias do Salnés.

Para financiar os gastos do voluntariado, por cada saída ornitolóxica aceptanse donativos dos participantes.


Con nosas excursions xa podes disfrutar das aves mentras colaboras na conservación da píllara das dunas!