miércoles, 29 de mayo de 2019

OUTRO NIÑO DE PÍLLARA DAS DUNAS (CHORLITEJO PATINEGRO)


Hoxe mércores atopouse un novo niño de píllara das dunas ou chorlitejo patinegro na praia da Reserva Ornitolóxica do Grove onde están  nidificando este ano.

O niño con 3 oviños xa foi protexido con gaiola e parcela de exclusión.

lunes, 27 de mayo de 2019

AVES DE XESTOSO


Onte a  xornada de paxareo polas Brañas de Xestoso foi estupenda, pois percorremos diferentes ambientes nos que observamos 46 especies de aves, destacando: tartaraña cincenta, miñato abelleiro, gatafornela, millafre negro, falco pequeno, falco peregrino, picanzo vermello, pica das árbores, trigueirón, escribenta amarela...

Lista de aves:

Nome científico Nome galego  Nome castelán
Anas platyrhynchos Lavanco Ánade azulón
Coturnix coturnix Paspallás  Codorniz común
Ardea cinerea  Garza real Garza real
Pernis apivorus Miñato abelleiro Abejero europeo
Circus cyaneus Gatafornela Aguilucho pálido
Circus pygargus Tartaraña cincenta Aguilucho cenizo
Milvus migrans Millafre negro Milano negro
Buteo buteo Miñato  Busardo ratonero
Columba palumbus Pombo torcaz Paloma torcaz
Apus apus Cirrio común Vencejo común
Picus sharpei Peto verde  Pito real ibérico
Falco tinnunculus Lagarteiro común Cernícalo vulgar
Falco subbuteo Falcón pequeno Alcotán europeo
Falco peregrinus Falcón peregrino Halcón peregrino
Lanius collurio Picanzo vermello Alcaudón dorsirrojo
Garrulus glandarius Gaio  Arrendajo euroasiático
Pica pica Pega  Urraca común
Corvus corone Corvo pequeno Corneja negra
Periparus ater Ferreiriño negro Carbonero garrapinos
Parus major Ferreiro real Carbonero común
Alauda arvensis Laverca  Alondra común
Ptyonoprogne rupestris Andoriña dos penedos Avión roquero
Hirundo rustica Andoriña común Golondrina común
Aegithalos caudatus Ferreiriño rabilongo Mito común
Phylloscopus ibericus Picafollas ibérico Mosquitero ibérico
Hippolais polyglotta Folosa amarela Zarcero políglota
Cisticola juncidis Carriza dos xuncos Cistícola buitrón
Sylvia atricapilla Papuxa das amoras Curruca capirotada
Troglodytes troglodytes Carriza común Chochín paleártico
Sturnus unicolor Estorniño negro Estornino negro
Turdus merula Merlo común Mirlo común
Erithacus rubecula Paporrubio  Petirrojo europeo
Phoenicurus ochruros Rabirrubio  Colirrojo tizón
Saxicola rubicola Chasco  Tarabilla europea
Passer domesticus Pardal  Gorrión común
Prunella modularis Azulenta  Acentor común
Anthus trivialis Pica das árbores Bisbita arbóreo
Fringilla coelebs Pimpín común Pinzón común
Pyrrhula pyrrhula Cardeal  Camachuelo común
Chloris chloris Verderolo  Verderón común
Linaria cannabina Liñaceiro  Pardillo común
Serinus serinus Xirín  Serín verdecillo 
Emberiza calandra Trigueirón Escribano triguero
Emberiza citrinella Escribenta amarela Escribano cerillo
Emberiza cia Escribenta riscada Escribano montesino

jueves, 23 de mayo de 2019

NOVOS NIÑOS DE PÍLLARA DAS DUNAS (CHORLITEJO PATINEGRO)



Hoxe apareceron 3 niños de píllara das dunas ou chorlitejo patinegro na praia da Reserva Ornitolóxica do Grove onde nidifica esta especie protexida.

Os niños teñen 3 ovos cada un, e un deles xa foi acotado con parcela e protexido con gaiola. Mañan tócalle aos outros.


Esperamos e desexamos que estes niños saian a diante.

sábado, 18 de mayo de 2019

BRAÑAS DE XESTOSO

O vindeiro domingo 26 de maio, faremos unha excursión as brañas de Xestoso, Silleda.

Por ser día electoral, a saída durará  medio día (pola mañán), para que os participantes teñan tempo de exercer o seu dereito ao voto.

Na ruta intentaremos observar tartaraña cincenta, picanzo vermello, escribenta amarela, escribenta riscada, laverca, papuxa común, etc. 

Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.



Para poder participar na excursiones de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse antes do venres as duas da tarde.


A píllara das dunas é unha pequeña limícola que aniña nas praias de Galicia. É unha especie ameazada polo que necesita medidas de conservación.

O grupo local SEO-Pontevedra leva anos facendo o seguemento e colaborando na protección da poboación reproductora das praias do Salnés.

Para financiar os gastos do voluntariado, por cada saída ornitolóxica aceptanse donativos dos participantes.

Con nosas excursions xa podes disfrutar das aves mentras colaboras na conservación da píllara das dunas!


jueves, 16 de mayo de 2019

LIMPEZAS DE PRAIAS

A pasada semana organizada por SEO-Pontevedra e en colaboración coa Fundación Biodiversidade e Concello do Grove, tivo  lugar a 3ª xornada de retirada de contaminantes, pero agora con 31 rapaces do IES As Vizocas do Grove.


Neste caso a limpeza fíxose nun arenal do Grove onde tamén crían as píllaras das dunas.


E onte no CEIP Laredo de Chapela e a través do programa Libera, 35 alumnos de 1º e 2º tiveron outra mañan de extracción de lixo contaminante da praia.


Os pequenos mostráronse moi participativos e entusiastas coa actividade.

Contabilizando os residuos.
Con estas acciones tanto profesores como concello y demáis organizacións tratamos de que os nenos sexan conscientes do impacto negativo do lixo na natureza, sobre todo dos microplásticos.


viernes, 10 de mayo de 2019

XORNADA TÉCNICA E FEIRA INTERNACIONAL DAS AVES DE DOÑANA


Onte o grupo de traballo “Píllara” organizamos en Carballo (A Coruña), concello tamén comprometido coa conservación da píllara das dunas, unha Xornada Técnica coa finalidade de potenciar nas praias da Costa da Morte e Ferrolterra a conservación de esta limícola e facela compatible cos usos turísticos.


A esta Xornadas  asistiron unhas 40 persoas entre grupos conservacionistas, concellos como O Grove, Universidade de Santiago, Xunta de Galicia, axentes medioambientales, policía autonómica ….


Tamén a finales do mes de abril,  SEO-Pontevedra fomos invitados a VI Feria Internacional de Aves de Doñana, para dar a conferencia: Chorlitejo patinegro: Ave del Año 2019.

Creemos que todas estas actividades resultan productivas e esperanzadoras para favorecer a conservación da limícola que nidificas nas nosas paias.