domingo, 31 de mayo de 2020

NOVAS SOBRE A PÍLLARA DAS DUNAS

Estes días todo segue igual respeto a Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus), do Salnés.

Os 5 adultos seguen incubando nos seus niños: 4 nunha praia da Reserva Ornitoloxica de SEO/BirdLife do Grove e outro  nunnha segunda praia. 

A familia con polos tamén  continua polo areal da reserva, ainda que hoxe só vimos 2 poliños. O outro podería estar na duna.

Poliño de Píllara das dunas. O Grove. 31/05/2020. G. Ferreiro.

O niño de Major en Sanxenxo segue abandoado. Hoxe  ademáis  de haber 2 cans na praia, tamén andaban os cazadores por enriba da  duna adestrando 5 cans. 


Niño praia Major abandoado. 31/05/2020. E. González.

Niño praia Major coa malla que cubre a gaiola forzada para acceder a os ovos. 31/05/2020. E González.


 Mais marcarilla do coronavirus tiradas na praia.


30/05/2020. G. Ferreiro.
30/05/2020. G. Ferreiro.


30/05/2020. G. Ferreiro.

jueves, 28 de mayo de 2020

BOAS E MALAS NOVAS DA PÍLLARA DAS DUNAS

Onte mércores 27  de maio o único niño de Píllara das duna (Charadrius alexandrinus), do Concello de Sanxenxo, situado na praia de Major foi destruido por unha mala persoa.

A gaiola que protexe o niño apareceu coa rede que cubre a parte superior  forzada e aberta e faltaban os 3 ovos do interior,  ademáis había unha botella de cerveza dentro do xaulón.

Niño da praia de Major. Sanxenxo. Os  ovos estaban preto do pau. 27.05.2020. G. Ferreiro.

Pensamos que esta parella de Píllaras xa estivera na praia de Montalvo intentando aniñar e debido as molestias deste areal,  desplazouse a Major para volver a intentalo, pero ahí tampouco lle deixaron.

Este feito xa foi denunciado ao Servizo de Conservación de Natureza e a Garda Civil para que o investigue.  

A boa noticia e que apareceu un novo niño con 3 ovos nuha praia de O Grove, que xa quedou balizado e "protexido" con xaulón, ademáis anda pola praia un macho anelado novo para a nosa zona; e non só iso, senon que tamén descubrimos nesta mesma praia, 3 poliños de varios días dos que non tiñamos constancia debido a que non se poido facer o seguemento durante o parentesis do confinamento. Probablemente aniñasen na duna.

Femia de Píllara e 2 poliños protexéndose do calor baixo un tronco. O Grove. 27.05.2020. G. Ferreiro.

¡Pobres Píllaras...,  tan inocentes e tan maltratadas!.

miércoles, 27 de mayo de 2020

Participa no Seminario On-Line sobre Custodia do territorio e as Reservas Ornitolóxicas

LIFE Followers - 10º Curso LIVE: Custodia del Territorio y Reservas ornitológicas en SEO/BirdLife

Reserva Ornitolóxica  do  Grove 



Mañá 28 de maio de 2020 ás 16:00 h Convidámosche á o noso Seminario sobre a Custodia do Territorio e as Reservas Ornitolóxicas de SEO BirdLife. Ademais doutros contidos nós falaremos da Reserva Ornitolóxica do Grove, os seus valores e as actividades que facemos a favor da conservación das aves e os seus ecosistemas.

Aprendemos algo máis sobre a Custodia do Territorio: Que é? Para que serve? Como a aplicamos?

Participarán:
Ramón Martí, Director de Desenvolvemento Institucional de SEO/ BirdLife
Óscar Prada (Plataforma de Custodia do Territorio da Fundación Biodiversidade e coordinador do Grupo Local SEO-Castro).
Gustavo Ferreiro, Responsable da Reserva Ornitolóxica de SEO BirdLife do Grove (Pontevedra)
Sofía Rivaes,Responsable da Reserva Ornitolóxica de SEOBirdLife en RietVell (Tarragona). Para acceder preme AQUÍ
https://www.youtube.com/watch?v=OgoVKhFk354

domingo, 24 de mayo de 2020

MÁIS NIÑOS DE PÍLLARA DAS DUNAS


Macho adulto de Píllara das duna. 15/05/2020. G. Ferreiro.

Unha boa nova de píllara das duna (Charadrius Alexandrinus), é que esta semana localizamos outro niño con 3 ovos noutra praia de Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.

Agora deberíamos ter 5 niños pero por desgraza o primeiro niño de Píllara que localizamos o día 8 de abril foi abandoado. 

Gaiola do derradeiro niño. 22/05/2020. G. Ferreiro.

Como resumen do control e seguimento da poboación de Píllara das dunas nas praias do Salnés por parte dos voluntarios do Grupo local SEO-Pontevedra, decir que de momento levamos 20 xornadas de control nos 4 areais onde hai presenza desta especie protexida e en perigo. 

Están nidificando en 3 praias, unha do Concello de Sanxenxo e duas do Concello do Grove (dentro da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove). 
Ata agora localizáronse 5  niños con 3 ovos cada un: un niño nunha praia de Sanxenxo e catro niños en dúas praias do Grove.  Un niño deste Concello foi abandoado.
Todos os niños están balizados con parcela de exclusión e protexidos con gaiola.
Informamos a 38 donos de cans da prohibición de acceder con eles a estas praias.


Algunha das consecuencias do coronavirus na natureza.

20/05/2020.   E. González.

22/05/2020.  E. González.

lunes, 18 de mayo de 2020

O chumbo pesa máis que a pluma


Desenvolver actividades na natureza dun xeito san, responsable e coa mínima pegada no medio natural resulta non só posible, senón recomendable neste momento.



Retomar as actividades en contacto coa natureza resulta axeitado e mesmo recomendable tras o necesario parón que a sociedade galega ven de asumir responsablemente co fin de evitar maiores efectos na expansión da COVID19 e iniciada a fase de progresiva recuperación de aquelas actividades que non supoñan un grave risco de retroceso no control da pandemia.

Son moitas as persoas que dun xeito respectuoso realizan actividades de observación da natureza ou colaboran dun xeito organizado en campañas de estudo e conservación do medio natural. Estas actividades aportan información fundamental para o coñecemento e a conservación da Biodiversidade sendo desenvolvidas de xeito particular, voluntario e mesmo organizado por distintas ONG e veñen en moitos casos a suplir o desinterese da Dirección Xeral de Patrimonio Natural polo coñecemento e conservación da natureza.

Foto SGO

O desleixo da Xunta de Galicia pola conservación do patrimonio natural contrasta coa paternalista actitude no referido á caza e a pesca.

A Xunta de Galicia na súa peculiar interpretación das medidas de reactivación da actividade social na FASE 1 ven de solicitar insistentemente á Autoridade Sanitaria o recoñecemento específico da caza e a pesca, esquecendo parte das actividades que se desenvolven no medio natural, malia as peticións expresas feitas por algunhas organizacións ambientalistas para que se autorizasen tanto as actividades de ciencia cidadá, como as de  observación e conservación da natureza.

Sorprendentemente a Orde SND/414/2020, de 16 de maio do Ministerio de Sanidade fai mención específica no capítulo XV das Condicións para o desenvolvemento da actividade cinexética e a pesca deportiva e recreativa nomeadamente entre as actividades permitidas na FASE 1, cedendo así ás presións que pedían este trato diferencial.

O tratamento de xeito diferenciado e preferente destas dúas actividades ao longo das distintas fases da “desescalada”, así como o intento da súa consideración como actividade esencial, levaron anteriormente á Xunta de Galicia ao esperpento e mesmo a posible ilegalidade, permitíndoas temporalmente antes de entrar en vigor a súa aprobación. Unha situación que foi agravada pola instrución da Dirección Xeral de Patrimonio Natural que retira as facultades sancionadoras aos aproximadamente 100 vixiantes de recursos naturais que fan labores de control da pesca e dos espazos naturais. Esta irresponsabilidade non só puxo en perigo as persoas que practicaban a pesca, senón a saúde do conxunto da sociedade e á conservación da biodiversidade.


En tanto a Xunta de Galicia e o Ministerio de Sanidade amosan unha consideración diferencial coa caza e a pesca, outras actividades que se desenvolven na natureza quedan no limbo da interpretación, ao criterio dun axente da autoridade e a súa consideración como deporte ou paseo a observación da natureza ou estudo da biodiversidade, dificultando tanto o necesario labor de control da mobilidade como o desenvolvemento destas actividades con garantías por parte dos cidadáns. As organizacións asinantes consideramos que accións como a observación de aves non deberían ter que ser consideradas deporte para poder achegarse e gozar da natureza, do mesmo xeito que non o é parte da actividade cinexética e da pesca recreativa que se pretende autorizar e en todo caso deberían desenvolverse nas mesmas condicións de mobilidade territorial e horaria.

Resulta obvio que observar a natureza a través dun telescopio non supón un maior perigo sanitario que facelo a través da mira telescópica dun rifle e que encher unha cesta de peixes non supón menos perigo que encher de datos un caderno de campo. É momento de reflexionar e considerar que o criterio para a paulatina recuperación da actividade no medio natural non debe ter un horizonte electoral senón sanitario, social e de respecto a biodiversidade.

Dende a Sociedade Galega de Ornitoloxía, SGO, ADEGA, SGHN, GEAS, GREFA e SEO Pontevedra agardamos que á hora de tomar decisións o peso da pluma poda ser igual que o do chumbo.

domingo, 17 de mayo de 2020

MAIS NIÑOS DE PÍLLARAS

Macho e femia de Píllara das dunas. Abril 2020. G. Ferreiro.
Hoxe no percorrido polas praias do Salnés onde nidifican as píllaras das dunas (Charadrius alexandrinus), despois de moito anos atopamos nunha praia de Sanxenxo un niño con 2 ovos. Neste concello  facía 6 anos que non aniñaban as píllaras, ainde que o intentaron cada ano.

Na praia da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove, hoxe tamén atopamos un segundo niño con  3 ovos e outro con 1.

De momento temos un total de 4 niños de píllara das dunas. 

Quenes non faltaron foron os  cans soltos por todas partes.

17/05/2020. G. Ferreiro.
Con esta lideira que temos agora coa praia e cos cans, e que vai en aumento, cada ano hai que empezar de 0. É desesperante. 

17/05/2020. G. Ferreiro.
As píllaras das dunas son aves protexidas porque corren perigo de desaparecer de Galicia. Para que isto non ocorra só necesitan tranquilidade e praias onde non se peneire a area, é dicir, praias naturais e sas.
Ademais é moi importante que non haxa cans nos areais, xa que os cans son un factor de perturbación biolóxica moi grande, pois causan moito estrés nos adultos, o que pode provocar abandono de postas e depredación de pitos.

domingo, 10 de mayo de 2020

PRIMEIRO NIÑO DE PÍLLARA DAS DUNAS

O venres pola mañan localizamos  o primeiro niño de Píllara das dunas na praia da Lanzada do Concello do Grove. O niño  xa tiña 3 ovos polo que pola tarde foi protexido coa gaiola e balizado.

Niño 1. 08/05/2020. G. Ferreiro.


Niño 1. 08/05/2020. G. Ferreiro.
Tamén na praia de Montalvo había unha parella de píllaras  asentada nun territorio e con ganas de aniñar.
Macho adulto. 09/05/2020. Montalvo. G. Ferreiro.
Esperemos que todo vaia ben.

O que non faltaron  nas praias tanto o venres como onte e hoxe, foron os cans soltos.

Cans soltos. 10/05/2020. G. Ferreiro.

miércoles, 6 de mayo de 2020

PÍLLARA DAS DUNAS

En toda esta tempada de confinamento nada supemos de como iba a reprodución das pillaras das dunas (Charadrius alexandrinus) das praias do Salnes.

Hoxe percorremos o areal de Montalvo no concello de Sanxenxo e localizamos 1 parella,  había ademáis xente paseando, surfeiros e como non algún can solto.

Píllara das dunas.  06/05/2020. Montalvo.  Foto: G. Ferreiro

Tamén controlamos a praia da Lanzada no concello do Grove e ahí localizamos un total de 11 píllaras, formando 5 parellas asentadas nos seus territorios e unha píllara mais que saíu voando preto da duna. Pode ser que esta última sí teña ovos ou polos.
Nesta praia non había ninguén salvo un can que merodeaba polo areal.

En Area da Cruz e Mexilloeira, tamén do Grove non había ninguen pero tampouco localizamos píllaras.

Recordamos a importancia e necesidade de manter as algas nos areais xa que forman parte do seu ecosistema e son necesarias para a vida das praias.
Agora que xa empezamos a sair do longo confinamento, lembramos a todas as persoan que vaian a estas praias non leven cans, por que están xa prohíbidos nesta época (lembremos que as píllaras son especies ameazadas e protexidas), xa que poden producir abandono de niños e depredación de poliños.

Pedimos compromiso e responsabilidade das administración, dos usuaríos das praias e donos de cans para que poidan convivir as píllaras coas nosas mascotas, PERO EN LUGARES DIFERENTES !!!