domingo, 26 de julio de 2020

RESUMEN SEMANAL PÍLLARA DAS DUNAS

Nesta semana todo segue ben coas píllaras das dunas do areal da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.

Ainda están na praia xunto con seu pai 2 polos que xa voan.

Polos voantons. 26/07/2020. O Grove. G. Ferreiro.
Ademáis seguen vivos os dous poliños pequenos dos derradeiros niños, baixo a vixiancia dos seus proxenitores.

E pouco mais hai que dicir, salvo que xa se ven menos cans na praia, ainda que algún se resiste.


domingo, 19 de julio de 2020

PÍLLARA DAS DUNAS

Dos 10 polos de Píllara das dunas que últimamente movíanse polas praias da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove, estos días, xa so quedan 3.

Polo voanton de Píllara das dunas. 19/07/2020. O Grove. G. Ferreiro.

Destes 3 polos, 1 é  voanton e 2 son os pequenos que sobreviviron  dos últimos 5 poliños nados.
Pode que algún polo de píllara ainda ande pola duna.

Tamén comentar que ata hoxe foron 100 as persoas con cans nas praias informadas de que non poden estar nos areais onde haxa estas escies protexidas, e que sí teñen unha praia para cans preto destas.

domingo, 12 de julio de 2020

NOVAS SOBRE A PÍLLARA DAS DUNAS

Nestes últimos días son 10 os polos  de Píllara das dunas ou  Chorlitejo patinegro (Charadrius alexandrinus), que andan  polas praias da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.

Adulto con polo crecido. O Grove. 11/07/2020. G. Ferreiro.

Os 3 últimos poliños naceron entre o día 8 e 10  deste mes, ademais  hai 4 voantons  que xa voan a praias preto da que naceron.

Poliño xoven. 11/07/20202. O Grove. G. Ferreiro.

Tamén quedan 2 femias incubando nos seus niños, pero unha delas xa leva un mes e medio polo que creemos que esa niñada está perdida.

Polo de varias semanas. O Grove, 11/07/2020. G. Ferreiro.
Polo de agora foron 95 os donos de cans informados de que estes animais domésticos  nas praias poden ser depredadores de poliños e provocar abandono de niños.