lunes, 24 de septiembre de 2018

DÍA DAS AVES 2018



Achégate a coñecer o fascinante mundo das aves

Tratase do principal evento participativo organizado por BirdLife International e que SEO/BirdLife celebra en España dende 1987. Paixón, amor e respeto polas aves son os valores que impulsan esta cita anual, cuxo obxectivo é dar a coñecer o mundo das aves e as ameazas as que se enfrontan.

En Galicia, SEO/BirdLife celebrará o 7 de outubro o Día das Aves realizando un bonito Roteiro pola Reserva Ornitolóxica do Grove e entorno, que a día de hoxe é a  Reserva Ornitolóxica máis grande de España, a única que hai en Galicia e a primeira que ten medio mariño.

Guiada por ornitólogos do grupo local SEO-Pontevedra, con esta saída poderedes coñecer un pouco máis as aves que fan que a península do Grove sexa tan especial.
Impartiremos tamén un  "Obradoiro de observación e monitoreo de aves: Introdución a eBird como ferramenta de ciencia cidadá"

Estos eventos gratuitos nos que tamén colabora o Concello do Grove, tratan de poñer en valor a grande riqueza da Reserva e seu entorno, xa que é descoñecida pola maior parte das persoas, e concienciar sobre a conservación das aves que comparten connosco a Terra e os hábitats onde viven.
Para participar é necesario inscribirse, e para obtener máis información só tes que enviarnos un correo a:

Anímate!

As prazas son limitadas.

lunes, 17 de septiembre de 2018

POLA XUNQUEIRA DO LAGARES CON DECATHLON


Onte domingo fixemos unha xornada de limpeza de residuos en colaboración con Decathlon e suas actividades dedicadas ao Medio Ambiente, na Xunqueira do Lagares, Vigo, humidal destacado pola sua grande riqueza natural de flora e fauna e que se considera un dos principais refuxios de aves da cidade.

  
A participación foi de mais de 60 voluntarios que adicaron 4 horas do seu día libre a retirar da contorna do Lagares residuos plásticos, vídros, metais, rodas de automovil…  incluso herba da Pampa (Cortaderia Seollana).


Como introducción a xornada e durante o picnic proporcionado por Decathlon, impartimoslle unhas microconferencias sinalando a importante función que desempeñan os ríos e esteiros para a saúde ambiental e das especies  animais e vexetais que o utilizan. Como contrapunto falámoslle tamén das especies exóticas que os invaden.

O tempo foi ideal, os voluntarios moi concienciados e polo tanto a xornada ambiental moi productiva e satisfactoria, xa que concluiu coa liberación da Xunqueira do Lagares dunha boa cantidade de elementos contaminantes.


Tamén mostraron entusiamo por algunhas das aves que se movían polo espazo: cullereiros, lavancos, biluricos das rochas, garzas reais, garzotas, gaivotas choronas, etc.

Grazas a Decathlon e a todos os voluntarios!

domingo, 16 de septiembre de 2018

ESTEIRO DO MIÑO E CONTORNA

Falcón peregrino, Falco peregrinus. 15/09/2018. Guillermo.
Onte na saída por alguns dos espazos naturais do sur da provincia de Pontevedra, a pesar da neboa disfrutamos de fermosas paixases, dunha boa diversidade de aves, así como da boa compaña dos participantes.

Estas son as aves  que observamos:

Nome científico Nome galego  Nome castelán
Tachybaptus ruficollis Mergullón pequeño Zampullín común
Phalacrocorax carbo Corvo mariño grande Cormorán grande
Ardea cinerea  Garza real Garza real
Anas platyrhynchos Pato real Ánade azulón
Pandium haliaetus Águia peixeira Águila pescadora 2
Circus aeruginosus Tartaraña das xunqueiras Aguilucho lagunero
Buteo buteo Miñato común Busardo ratonero
Falco peregrinus Falcón peregrino Halcón peregrino
Rallus aquaticus Galiñola bicuda Rascón
Haematopus ostralegus Gavita  Ostrero euroasiático
Pluvialis squatarola Píldora cincenta Chorlito gris
Calidris alba Pilro tridáctilo Correlimos tridáctilo
Calidris alpina Pilro común Correlimos común
Actitis hypoleucos Bilurico das rochas Andarríos chico
Tringa totanus Bilurico común Archibebe común
Tringa nebularia Bilurico claro Archibebe claro
Numenius arquata Mazarico real Zarapito real
Numenius phaeopus Mazarico chiador Zarapito trinador
Philomachus pugnax Combatente Combatiente 2
Chroicocephalos ridibundus Gaivota chorona Gaviota reidora
Larus melanocephalus Gaivota cabecinegra Gaviota cabecinegra
Larus michahellis Gaivota patiamarela Gaviota patiamarilla
Larus fusvus Gaivota escura Gaviota sombría
Larus marinus Gaivotón  Gavión atlántico
Sterna sandwicensis Carrán cristado Charrán patinegro
Columba palumbus Pombo torcaz Paloma torcaz
Streptopelia decaocto Rula turca Tórtola turca
Apus pallidus  Cirrio pálido Vencejo pálido 85
Picus sharpei Peto verde ibérico Pito real
Alauda arvensis Laverca común Alondra común
Hirundo rustica Andoriña común Golondrina común
Cecropis daurica Andoriña dáurica Golondrina dáurica
Delichon urbicum Andoriña de cu branco Avión común
Motacilla flava Lavandeira amarela Lavandera boyera 24
Motacilla alba Lavandeira branca Lavandera blanca
Troglodytes troglodytes Carriza común Chochín común
Prunella modularis Azulenta común Acentor común
Erithacus rubecula Paporrubio europeo Petirrojo europeo
Phoenicurus ochruros Rabirrubio negro Colirrojo tizón
Saxicola rubicola Chasco europeo Tarabilla europea
Oenanthe oenanthe Pedreiro cincento Collalba gris 2
Turdus merula Merlo común Mirlo común
Turdus viscivorus Torda Zorzal charlo
Turdus pilaris Tordo real Zorzal real
Cisticola juncidis Carriza dos xuncos Cistícola buitrón
Sylvia undata Papuxa do mato Curruca rabilarga
Muscicapa striata Papamoscas cincento      Papamoscas gris 1
Ficedula hypoleuca Papamoscas negro Papamoscas cerrojillo 2
Pica pica Pega rabilonga Urraca común
Corvus corone Corvo pequeno Corneja negra
Sturnus unicolor Estorniño negro Estornino negro 400
Passer domesticus Pardal común Gorrión común
Carduelis chloris Verderolo común        Verderón común
Carduelis cannabina Liñaceiro común Pardillo común

Ademáis de observar todas estas aves, a guinda do día foron un pilro de Temminck ou correlimos de Temminck (Calidris Temminckii) xuvenil e un pilro peitoral ou correlimos pectoral (Calidris melanotos), os cales estaban nun mesmo punto e os disfrutamos a pracer.

Calidris Temminckii. 15/09/2018. G. Ferreiro.

Calidris melanotos. 15/09/2018. G. Ferreiro.

viernes, 7 de septiembre de 2018

EXCURSIÓN POLO ESTEIRO DO MIÑO

O próximo día 15 de setembro realizaremos unha saída ao esteiro do Miño (PO), e tamén percorreremos outras zonas de interés do sur da provincia de pontevedra, para observar as aves migradoras acuáticas e demáis paxariños propios da tempada.

Se queres participar na saída só tes que enviarnos un correo e daremosche máis información.



É fundamental inscribirse para poder participar nas excursiones de SEO-Pontevedra.


A píllara das dunas é unha pequeña limícola que aniña nas praias de Galicia. É unha especie ameazada polo que necesita medidas de conservación.

O grupo local SEO-Pontevedra leva varios anos facendo o seguemento e colaborando na protección da poboación reproductora das praias do Salnés.

Para financiar os gastos do voluntariado, por cada saída ornitolóxica aceptanse donativos dos participantes.

Con nosas excursions xa podes disfrutar das aves mentras colaboras na conservación da píllara das dunas!