miércoles, 27 de abril de 2022

MAIS NIÑOS DE PÍLLARA DAS DUNAS

Foto Juan Gómez.

Entre o domingo e o luns atoparonse 2 novos niños de Píllara das dunas nunha praia da Reserva Ornitolóxica de SEO/birdLife do Grove.

O niño atopado o domingo tiña 3 ovos e quedou protexido con gaiola e parcela de exclusión.

O lun apareceu outro,  ainda con 2 ovos, tamén foi balizado.

Tamén comentar que hoxe apareceu un macho con 3 poliños do que non se tiña constancia.

De momento na Reserva Ornitolóxica, son 3 os niños de Píllara das dunas, cuxos pais están incubando, máis unha familia con 3 polos.

Desexamos que todo vaia ben!!

Foto Anxo Gómez.


lunes, 25 de abril de 2022

AVES DA LIMIA

E. González.

 Ayer en la salida por la Limia (OU), con una meteorología aceptable y después de recorrer diferentes hábitats como lagunas de extracción de áridos, campos cultivados, prados, zonas de vegetación arbórea, etc., pudimos identificar 52 especies de aves, entre ellas: 

Cuchara común, Codorniz común, Zampullín común, Somormujo lavanco, Paloma zurita, Cuco común, Cigüeña blanca, Culebrera europea,  Águila calzada,  Milano negro, Busardo ratonero, Abubilla común, Martín pescador común, Cernícalo vulgar, Grajilla occidental, Alondra común, Alondra totovía, Avión zapador, Avión roquero, Golondrina común, Avión común,  Mosquitero ibérico, Lavandera boyera, Escribano triguero...

A destacar: 2 Avefría europea, 6 Martinete común, 5 Aguilucho cenizo, 1 Milano real, 6 Alcotán europeo, 4 Collalba gris.

                                                                            Martinete común. Vídeo de Carlos López.

sábado, 16 de abril de 2022

PRIMEIRO NIÑO DE PÍLLARA DAS DUNAS

E. González.

Hoxe localizamos o primeiro niño de Píllara das dunas nunha praia de Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.

Este niño xa quedou balizado e protexido con xaulón das molestias que poida sufrir nestes días tan complicados.

Non faltaron uns 14 cans soltos pola praia no tempo que estivemos no areal, e cuxos donos foron informados unha vez mais, de que a estas alturas non pode haber cans nas praias onde crían estas aves protexidas e ameazadas.


E. González


martes, 12 de abril de 2022

XINZO DE LIMIA E CONTORNA

O domingo 24 de abril faremos unha saída para observar as aves da antiga lagoa de Antela e contorna (Ourense).

Intentaremos avistar as aves  migradoras recen chegadas de África, así como as aves residentes do lugar.

Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.


PRAZAS COMPLETAS


Para poder participar na excursiones de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse antes do venres 22 as duas da tarde.


As prazas son limitadas e van por orde de inscrición.