viernes, 19 de julio de 2019

CARRASCALINHO, UN VOITRE NEGRO NO MEDIO DUN PARQUE EÓLICO

A história de Carrascalinho, un voitre negro (Aegypius monachus) marcado con xeolocalizador, de veraneo en Galicia.

Fai uns días avisáronnos os colegas da SPEA (Sociedad Portuguesa para o Estudo das Aves), que un voitre negro marcado con GPS que forma parte dun proxecto de investigación internacional onde tamén participan científicos Suizos da Vulture Conservation Foundation, levaba algún tempo pola Serra do Cando (Pontevedra),a cal está protexida pola  Rede Natura 2000

 Pois ben, a alarma salta cando se comproba, a través dos datos transmitidos via satélite polo aparato que porta a ave, que está perigosamente próximo a un parque eólico de grandes dimensións que ocupa parte desta serra, co conseguinte perigo de colisión contra as aspas dos muiños de vento.

Movementos do voitre negro entre as turbinas da Serra do Cando. Pontevedra

Nese mesmo instante puxemos en coñecemento deste feito a Delegación Provincial de Patrimonio Natural de Pontevedra e solicitamos que se tomaran as medidas oportunas para deter os eólicos xa que o voitre corria serio perigo de morrer alcanzado polas aspas das turbinas.

Finalmente a Xunta toma conciencia deste feito e ordena a paralización do parque que inclúe 94 muíños de vento, xa que o voitre continua movéndose entre eles.

Pola nosa parte, os investigadores portugueses e suizos nos van facilitando os desprazamentos do voitre negro de forma continuada para saber en todo momento a súa localización. Ao mesmo tempo se lle vai trasladando a administración estos datos para poder levantar as cautelas no momento en que a ave xa non corra risco de morte. 

Agradecémoslle a Delegación Provincial de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia a súa implicación na defensa do voitre, que ademáis posteriormente puidemos comprobar que xunto con él tamén estaban outros  voitres leonados (Gyps fulvus) que corrían o mesmo risco de morte.

Con esto se demostra que con boa vontade se conseguíu coordinar membros de tres países e a administración Galega reaccionou con axilidade e bo criterio.


Esperemos que toda esta hazaña chegue a bo porto e o voitre negro non corra mais perigo.

2ª XORNADA DE CONCIENCIACIÓN E DIVULGACIÓN

18/07/2019. E. González.
Onte celebramos a 2ª Xornada de Sensibilización e Divulgación auspiciada polo Apadrinamento de Proxecto Libera na praia do Grove onde nidifican as píllaras das duna ou chorlitejo patinegro (Charadrius alexandrinus).

Varios voluntarios de SEO-Pontevedra e membros da área de Medio Ambiente do concello do Grove fixemos de guías para mostrar os poliños e adultos de píllaras que ainda móvense pola praia.

A mañan foi todo un éxito xa que centos de persoas pasaron por diante dos telescopios quedando encantados de descubrir estas adorables aves.

18/07/2019. G. Ferreiro.
Pouco a pouco os usuarios da praia vanse concienciando de valor de ter píllaras das dunas e poliños curricando pola area,  así como da importancia de non levar cans a este areal, de conservar as algas varadas na praia e de que cada un de nos debe facerse responsable dos residuos que xenera, simplemete depositándoos nos lugares habilitados nos aparcadoiros.

Poliños e adultos na praia. G. Ferreiro.

martes, 9 de julio de 2019

A SERRA DA ENCIÑA DE LASTRA

O vindeiro domingo 21 de Xulio faremos unha saída para observar aves ao Parque Natural da Serra da Enciña de Lastra, Rubiá, Ourense.

A Enciña de Lastra caracterizase por ter un clima pertencente a rexión mediterránea o que fai que teña unha biodiversidade espacial, de ahí que sexa Zona de Especial Protección dos Valores Naturais, Zona de Especial Protección para as Aves e Zona de Especial Conservación.

Entre as suas aves destacan: voitre blanco, águia real, choia, picanzo cabecirrubio, abellaruco, rabirrubio de testa branca, escribenta hortelá, etc.



Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.

Para poder participar na excursiones de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse antes do mércores 17 as duas da tarde.


A píllara das dunas é unha pequeña limícola que aniña nas praias de Galicia. É unha especie ameazada polo que necesita medidas de conservación.

O grupo local SEO-Pontevedra leva anos facendo o seguemento e colaborando na protección da poboación reproductora das praias do Salnés.

Para financiar os gastos do voluntariado, por cada saída ornitolóxica aceptanse donativos dos participantes.

Con nosas excursions xa podes disfrutar das aves mentras colaboras na conservación da píllara das dunas!



lunes, 8 de julio de 2019

XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN E DIVULGACIÓN (Píllara das dunas - Chorlitejo patinegro)

Foto: Gustavo Ferreiro.
Onte domingo celebramos a primeira "Xornada de Sensibilización e Divulgación", na praia do Grove onde temos poliños de píllara dás dunas (Chorlitejo patinegro).

Despois de montar os telescopios e dirixilos ás familias de píllaras que están na praia, os usuarios desta foron convidados polos voluntarios de SEO-Pontevedra a descubrir os pitos que se mimetizaban coa area.

Durante tres horas, moita xente pasou polos telescopios e quedaron encantadas de descubrir algo inesperado: os  pitiños e os seu pais vixiantes.


Foto: G. Ferreiro.
Ademáis de repartirlle folletos do "Grupo Píllara" , explicámoslle a importancia de conservar esta especie ameazada, de non levar cans á praia, de deixar as algas na area, ou de ser esta una das poucas praias de Galicia que non ten papeleiras, e que os usuarios xa concienciados  manteñen en perfecto estado.


Un ano máis estas accións resultan moi produtivas e cunha alta participación e están a ser un exemplo para outros concellos que tamén teñen esta especie protexida nas súas praias.

Tamén agradecer a todos os voluntarios que dedicaron a sua mañá do domingo as píllaras das dunas!

Foto: G. Ferreiro.

jueves, 4 de julio de 2019

NOTICIAS SOBRE A AVE DO ANO 2019

Que ves na foto?. G. Ferreiro.
As derradeiras noticias sobre a píllara das dunas (Ave do Ano 2019), que nidifican na Reserva Ornitolóxica do  Grove son as seguientes:

- Na praia hai unha familia de píllara con 3 pollos, dos que se encarga a femia e que xa realizan pequenos voos, polo que se dan por salvados.

- Unha segunda familia vixiada polos dous proxenitores, da que só miramos 1 poliño e que tamén realiza voos cortos.

- Un terceiro grupo familiar o forman  3 poliños de 20 días dos que se encarga o macho.

- Unha  familia a cargo do pai, con 2 pequenas píllaras, pois naceron fai 8 días.

- E un novo niño descubierto o día 2 e que polo de agora ten 2 ovos.

De momento son 5 familias con 9 poliños de píllara das dunas ou chorlitejo patinegro na praia da Reserva Ornitolóxica do Grove.

É un  gran éxito. É a Ave do Ano 2019.

Resaltar que xa casi non se ven cans na praia.