domingo, 24 de octubre de 2021

Outra limpeza na Reserva Ornitolóxica de SEOBidLife do Grove

Onte sábado volveuse a facer unha xornada de Limpeza na Reserva Ornitolóxica de SEO/Birdlife do Grove, en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat, ABANCA, e as mariscadoras do Grove.

Un dos grupos de traballo.

Esta vez a limpeza fíxose en varios tramos do litoral da illa da Toxa, cunha participación dunhas 300 persoas repartidas polos distintos tramos.

Despois  dunha mañan de traballo retiráronse varias toneladas de lixo.

Parte do lixo retirado.

Entre estos destacan restos de material de acuicultura: cordas, redes, etc. E centos de pedazos de vidros, especialmente  de botellas, copas, vasos e pratos, ademáis de rodas que empregan os barcos como defensas e infinade de cachos de prásticos de diversos tamaños.

Saco de 1m cúbico de capacidade cheo de vidro.

Unha vez máis dar as grazas a todos os participantes que pasan o seu tempo libre liberando a natureza da nosa porcallada.

domingo, 17 de octubre de 2021

LIMPEZA DA PRAIA E DUNA DA LANZADA

Onte sábado celebramos  unha xornada de limpeza na Praia e duna dá Lanzada. O Grove, xunto co Grupo Naruralista Hábitar e ABANCA.

 Ainda que o día non foi o mmellor xa que por momentos choveu un pouco, todos os participantes poidemos sacar gran cantidade de residuos tanto do areal como da duna.


Case media tonelada de lixo retirouse deste espazo natural protexido. Así foron 39 kg de plásticos, 19 de metal, 20 de mestura e 1 kg de papel.

A destacar os 342 kg de vidro e 1241 cabichas.


Mil grazas ao G. N. Hábitat e a todos os participantes de ABANCA por adicar o seu tempo de lecer a liberar de lixo esta Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife.


martes, 12 de octubre de 2021

NUEVA PLACA

Esta es la placa que hemos recomendado y que han colocado en el edificio rehabilitado del casco histórico de Cambados, después de haber hecho las obras de reforma y haber respetado los huecos de acceso en la colonia de vencejo pálido (Apus pallidus), donde las aves siguen anidando felizmente.

Gracias a todas las personas que han hecho posible que los vencejos pálidos continúen criando en Cambados. Ellos nos lo agradecen alegrando los días con sus llamadas y sus pasadas por calles y plazas de esta acogedora villa litoral.

lunes, 4 de octubre de 2021

AS AVES DO DÍA DAS AVES



O sábado houbo un temporal de vento e chuvia que poucas esperazas daba para poder celebrar o Día das  Aves pola Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife.

Pero as cousas cambiaron e o domingo apareceu un día luminoso e soleado con boa temperatura e sin vento. O resultado foi que todos os participantes  disfrutamos das aves por distintos hábitats da reserva.

Esta é a lista das 57 especies que identificamos: