viernes, 29 de marzo de 2019

2ª XORNADA DE RETIRADA DE RESIDUOS DA PRAIA DA LANZADA

Hoxe dende SEO-Pontevedra e en colaboración coa Fundación Biodiversidade e o Concello do Grove, 48 nenos voluntarios do IES Monte da Vila grovense, participaron na 2ª xornada de retirada de residuos da praia da Lanzada, que forma parte da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.


Despois da charla introductora onde se lle falou do problema que supoñen os residuos  antropoxénicos na natureza e o valor de ter na  Lanzada píllaras das dunas, procederon a limpar a praia.


Como sempre, con moito entusiasmo, os rapaces percorreron un tramo do areal e retiraron toda clase de contaminantes: bidons, bastonciños dos oídos, cordeis, cordas, botellas, zapatos, vidros, nasas, tapons, redes, palés... 


Con esta acción. tanto profesores como concello e demais organizacións tratamos de que os nenos sexan conscientes da gran acumulación de basura do entorno costeiro e do seu impacto negativo na naturaleza e non só de residuos de gran tamaño, senon principalmente microplásticos.



martes, 26 de marzo de 2019

TIBURÓN PEREGRINO EN SANXENXO

O domingo frente a praia de Canelas, Sanxenxo, enmallou nas redes dun pescador un tiburón peregrino (Cetorhinus maximus),  de casi catro metros de longo.

Foi trasladado ao porto de Sanxenxo por Carlos Montes, patrón do barco, o que agradecemos a súa colaboración. Hoxe baixo a atenta mirada de moitos curiosos, científicos da CEMMA e membros de SEO-Pontevedra fixeronlle a necropsia e recolléronse mostras para analizar.

O tiburón peregrino é un gran tiburón filtrador, que se alimenta exclusivamente de plancton, polo que é totalmente inofensivo. Este xoven animal estaba en aparente bo estado de saúde, polo que a causa da morte mais probable e por desgraza, foi o enmalle nas redes de pesca.





viernes, 22 de marzo de 2019

XINZO DE LIMIA

O próximo día 31 de marzo faremos unha saída para observar aves a zona de Xinzo de Limia e contorna, Ourense.

Intentaremos observar as primeiras aves estivais que chegan a este privilexiado lugar ou aquelas que están en paso migratorio.

Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.

Para poder participar nas excursiones de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse antes do venres 29,  as 14:00 h. a.m.



A píllara das dunas é unha pequeña limícola que aniña nas praias de Galicia. É unha especie ameazada polo que necesita medidas de conservación.

O grupo local SEO-Pontevedra leva anos facendo o seguemento e colaborando na protección da poboación reproductora das praias do Salnés.

Para financiar os gastos do voluntariado, por cada saída ornitolóxica aceptanse donativos dos participantes.

Con nosas excursions xa podes disfrutar das aves mentras colaboras na conservación da píllara das dunas!

sábado, 16 de marzo de 2019

REUNIÓN "GRUPO PÍLLARA"



Este venres tivemos a reunión do “Grupo Píllara” na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, a que asistiron distintos grupos conservacionistas, entre eles SEO-Pontevedra, tamén concellos como o do Grove, Sanxenxo ou Carballo e investigadores da Universidade de Santiago.

A finalidade desta xuntanza é a de preparar as próximas actividades da píllara das dunas en Galicia (sendo este ano ademáis Ave do Ano 2019 en España), as posibles solucions as ameazas coas que vai a enfrentarse e en resumen, aunar esforzos entre todos para que a píllara das dunas deixe de ser unha especie ameazada na nosa comunidade.


sábado, 9 de marzo de 2019

60 PERSOAS PREPARANDO A PRAIA PARA A PÍLLARA DAS DUNAS

Un bo grupo de persoas organizadas polo Grupo Naturalista Hábitat, Afundación Obra Social Abanca, concello do Grove e SEO-Pontevedra, entre as que había familias con nenos, participaron  na xornada de limpeza da praia e duna da Lanzada, como preparación para a chegada das píllaras das dunas a este areal.



Previamente a limpeza os participantes recibiron unha breve charla sobre os valores da Reserva Ornitolóxica do Grove, como o intermareal, o ecosistema dunar costeiro,  ou a propia praia, facendo fincapé no grave problema do abandono de basura nos entornos naturais, destacando así mesmo o perigo que supoñen os microplásticos  para estes ecosistemas.
Tamén falouse da importancia de conservar as algas na area e de protexer a píllara das dunas xa que son bioindicadores de praias naturais e sanas.

Logo procedeuse a recollida do lixo, retirando entre todos uns 400 kilos, entre os que destacaban botellas de plástico, bastonciños dos oídos, palliñas, tapons, pinchos das bateas, cordeis, cabos, trampas ilegáis para polbos, restos de nasas, zapatos, guantes de goma,  bidons, vidros,... así como micropláticos.








Todos os participantes foronse satisfeitos polo traballo realizado en favor da natureza e das píllaras das dunas.


miércoles, 6 de marzo de 2019

PREPARANDO A PRAIA PARA A PÍLLARA DAS DUNAS

Este sábado 9 de marzo o Grupo local SEO-Pontevedra colabora co Grupo Naturalista Hábitat, Concello de O Grove e Afundación Obra Social Abanca, facendo unha xornada de limpeza de lixo na praia e duna da Lanzada, que forma parte da Reserva Ornitolóxica do Grove.

No cartel tedes mais información e a maneira de inscribirse.

Anímate a participar na limpeza da praia da píllara das dunas, pois pronto volverán a Lanzada!!