miércoles, 11 de marzo de 2020

C.P.I. STA. LUCIA DE MORAÑA NA RESERVA ORNITOLÓXICA DE SEO/BIRDLIFE


Despois de unha introdución as aves da Reserva Ornitoloxica de SEO/BirLife do Grove no centro educativo, hoxe 27 alumnos do C.P.I. Santa Lucía de Moraña, mais 2 profesoras, poideron poñer en práctica os coñecementos adquiridos percorrendo diferentes ambientes da Reserva, como sistema dunar, baía e intermareal, para coñecer as suas especiais aves.


Con prismáticos, guías de aves da provincia e telescopios terrestres, os rapaces poideron observar píldoras douradas, lavercas, mobellas grandes (10), pentumeiros, corvos mariños cristados e grandes, gaivotons, gaivotas canas e choronas, garzas reais e garzotas, etc.


Os rapaces do interior todavía poideron coñecer e disfrutar das aves mariñas e acuáticas que temos no litoral de Pontevedra.

domingo, 8 de marzo de 2020

COMENZAN AS LIMPEZAS NAS PRAIAS DA RESERVA ORNITOLÓXICA DE SEO/BIRDLIFE DO GROVE


Onte sábado comenzaron as limpezas das praias da Reserva Ornitolóxica de SEO/birdLife do Grove onde nidifican as píllaras das dunas (Charadrius alexandrinus).

SEO-pontevedra en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat e coa Fundación Abanca, estivemos toda a mañan do sábado limpando os residuos contaminantes da praia. Un total de 67 voluntarios entre adultos e familias .


Se sacaron mais de 422 kilos de residuos entre os que destacaban cordas, cordeis, botellas de pláticos, tapons, latas, redes, restos de  bolsas, colillas, nasas, parafina, bidons, etc.

Tamén se encontraron varios araos papagaios mortos ou frailecillos atlánticos (Fratercula arctica), cubertos dunha sustancia aceitosa producto dun sentinazo.


A Hábitat e aos voluntarios de Abanca moitas grazas por aportar o seu graniño de area en favor da natureza e da praia da Lanzada.


viernes, 6 de marzo de 2020

QUE ESTÁ MANCHANDO E MATANDO AVES MARIÑAS EN GALICIA E COMO PODES AXUDAR?