Onte sábado volveuse a facer unha xornada de Limpeza na Reserva Ornitolóxica de SEO/Birdlife do Grove, en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat, ABANCA, e as mariscadoras do Grove.
| Un dos grupos de traballo. |
Esta vez a limpeza fíxose en varios tramos do litoral da illa da Toxa, cunha participación dunhas 300 persoas repartidas polos distintos tramos.
Despois dunha mañan de traballo retiráronse varias toneladas de lixo.
| Parte do lixo retirado. |
Entre estos destacan restos de material de acuicultura: cordas, redes, etc. E centos de pedazos de vidros, especialmente de botellas, copas, vasos e pratos, ademáis de rodas que empregan os barcos como defensas e infinade de cachos de prásticos de diversos tamaños.
| Saco de 1m cúbico de capacidade cheo de vidro. |
Unha vez máis dar as grazas a todos os participantes que pasan o seu tempo libre liberando a natureza da nosa porcallada.


