martes, 7 de mayo de 2013

PROGRAMA SACRE


"O Programa SACRE: iniciación ao recoñecemento das aves polo seu canto "
 
Contidos:
 Este curso pretende axudar no recoñecemento das aves polos seus cantos e reclamos, proporcionando consellos, trucos e recomendacións para poder identificar no campo os diferentes grupos de aves mediante o oído.

Ademáis, falaremos sobre o desenvolvemento dos programas Sacre e Sacin no Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e visitaremos a illa de Cortegada para facer unha sesión práctica de recoñecemento de aves polos cantos.



 Programa:
 09:00 O programa de seguimento de biodiversidade na Rede de Parques Nacionais. Vicente Piorno (Técnico do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia).
09:30  Os programas Sacre e Sacin no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Alexandre Justo (SGO).
09:45 Introdución ao recoñecemento das aves polos seus cantos. Alexandre Justo (SGO).
10:30 Traslado á illa de Cortegada.
11:00  Sesión práctica na Illa de Cortegada. Alexandre Justo (SGO).
 
 Inscripción: iatlanticas@xunta.es
 Este cursiño é gratituito e está aberto a todas as persoas interesadas nas aves ainda que especialmente dirixidas aos colaboradores do programa SACRE.
 Límite de prazas: 15 persoas
 Data: 11 de maio de 2013
 Lugar de realización:
 Auditorio do concello de Vilagarcía de Arousa (sala de prensa). Praza Ravella 1,  C. P. 36600. Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario