lunes, 24 de septiembre de 2018

DÍA DAS AVES 2018



Achégate a coñecer o fascinante mundo das aves

Tratase do principal evento participativo organizado por BirdLife International e que SEO/BirdLife celebra en España dende 1987. Paixón, amor e respeto polas aves son os valores que impulsan esta cita anual, cuxo obxectivo é dar a coñecer o mundo das aves e as ameazas as que se enfrontan.

En Galicia, SEO/BirdLife celebrará o 7 de outubro o Día das Aves realizando un bonito Roteiro pola Reserva Ornitolóxica do Grove e entorno, que a día de hoxe é a  Reserva Ornitolóxica máis grande de España, a única que hai en Galicia e a primeira que ten medio mariño.

Guiada por ornitólogos do grupo local SEO-Pontevedra, con esta saída poderedes coñecer un pouco máis as aves que fan que a península do Grove sexa tan especial.
Impartiremos tamén un  "Obradoiro de observación e monitoreo de aves: Introdución a eBird como ferramenta de ciencia cidadá"

Estos eventos gratuitos nos que tamén colabora o Concello do Grove, tratan de poñer en valor a grande riqueza da Reserva e seu entorno, xa que é descoñecida pola maior parte das persoas, e concienciar sobre a conservación das aves que comparten connosco a Terra e os hábitats onde viven.
Para participar é necesario inscribirse, e para obtener máis información só tes que enviarnos un correo a:

Anímate!

As prazas son limitadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario