sábado, 9 de marzo de 2019

60 PERSOAS PREPARANDO A PRAIA PARA A PÍLLARA DAS DUNAS

Un bo grupo de persoas organizadas polo Grupo Naturalista Hábitat, Afundación Obra Social Abanca, concello do Grove e SEO-Pontevedra, entre as que había familias con nenos, participaron  na xornada de limpeza da praia e duna da Lanzada, como preparación para a chegada das píllaras das dunas a este areal.



Previamente a limpeza os participantes recibiron unha breve charla sobre os valores da Reserva Ornitolóxica do Grove, como o intermareal, o ecosistema dunar costeiro,  ou a propia praia, facendo fincapé no grave problema do abandono de basura nos entornos naturais, destacando así mesmo o perigo que supoñen os microplásticos  para estes ecosistemas.
Tamén falouse da importancia de conservar as algas na area e de protexer a píllara das dunas xa que son bioindicadores de praias naturais e sanas.

Logo procedeuse a recollida do lixo, retirando entre todos uns 400 kilos, entre os que destacaban botellas de plástico, bastonciños dos oídos, palliñas, tapons, pinchos das bateas, cordeis, cabos, trampas ilegáis para polbos, restos de nasas, zapatos, guantes de goma,  bidons, vidros,... así como micropláticos.








Todos os participantes foronse satisfeitos polo traballo realizado en favor da natureza e das píllaras das dunas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario