lunes, 16 de noviembre de 2020

AS AVES DE SANTAS MARIÑAS DO SAR


Este veran fixéronse obras de restauracions na capela de Santas Mariñas do Sar en Santiago de Compostela. 


Para a restauración desta capela tanto o Organismo promotor, como o arquitecto director da obra (sensibles coa natureza), quixeron  que nos traballos de restauración respetáranse a fauna que acollía a capela. 

Na realización do estudo preliminar poidemos constatar que na igrexa non existía ningún niño activo. Quizais debido a que nas intervencións anteriores non se deixaran accesos axeitados, xa que nas inmediacións do edificio sí poidemos comprobar a presenza de diversas especies urbanas que soen ocupar estas edificacións. 

Unha das visitas a obra. E. González.

No informe presentado posteriormente propuxemos que no proxecto arquitectónico se incorporaran diferentes espazos que complementaran a restauración do monumento coa conservación e fomento da biodiversidade. 

As especies obxectivo foron Cirrio común (Apus apus), Pardal común (Passer domesticus), Rairrubio (Phoenicurus ochrurus), e morcegos (Pipistrellus pipistrellus) e (Rhinolophus sp).

Esta proposta foi ben acollida polo arquitecto director, organismo promotor e a empresa contratista.

Desta maneira habilitáronse un total de 8 espazos para Pardal común, 1 para Rabirubio 4 para morcegos, ademáis nas dúas fachadas laterais da capela quedaron os ocos das tellas dos aleiros abertos para que poidan aniñar os cirrios.


Oco para morcego.

Ocos para pardales.

Ocos para cirrio.

Oco para morcego.

Non nos cansaremos de dicir que a conservación do noso patrimonio cultural é perfectamente compatible coa conservación do patrimonio natural que albergan os monumentos, e unha vez máis quedou demostrado nesta intervención.

1 comentario: