martes, 1 de marzo de 2022

SAÍDA POR CARREIRÓN

 

O próximo domingo 13 de marzo o grupo local SEO-Pontevedra organizamos unha saída a Carreirón e contorna, Illa de Arousa (espazo  natural protexido pola Rede Natura 2000).

Percorreremos diferentes hábitats, principalmente costeiros para disfrutar das aves que ocupan estes lugares.

Intentaremos observar limícolas, ardeidos, anátidas, gaivotas, corvos mariños, así como os paseriformes que se moven polas árbores.




PRAZAS COMPLETAS

Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un  correo.

As prazas son limitadas e van por orde de inscrición.

Para poder participar na excursiones de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse antes do venres 11 as duas da tarde.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario