lunes, 2 de mayo de 2022

NOVIDADES PÍLLARA DAS DUNAS

Anxo Gómez.

No que vai de tempada na Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife, este ano temos 6 niños de Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus), en 2 praias do Grove.

Destes 6 niños, que estiveron protexidos coas medidas correspondentes, dous xa eclosionaron, e 1 foi destruido, ademáis a femia foi ferida nunha pata (descoñecemos as causas, pero non descartamos un can).

E. González.

Polo tanto agora temos 3 niños sin eclosionar e varios polos curricando polas praias.

E como os cans non faltan nin un só día, pedimos aos usuarios que sexan dunha vez por todas responsables y respetuosos e deixen de levar cans aos areais, onde fan  moito dano, e máis habendo unha praia canina no Grove.

G. Ferreiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario