jueves, 11 de enero de 2024

AXÚDANOS A LIMPAR AS PRAIAS DE MILLONS DE PELLETS

E. González.

Ante a emerxencia ambiental xerada polo verquido de millóns de pellets que estan  a chegar ás costas galegas e cantábricas, faremos unha xornada de caracterización e limpeza  en praias  da  Reserva Ornitolóxica de O Grove.

Será o sábado 13 de xaneiro de maña, quedaremos para recoller estos materias plásticos e tentar evitar un dano maior na fauna. É coñecido que os plásticos poden ser inxeridos por peixes, aves, mamíferos mariños ou tartarugas mariñas ao ser confundidos con alimento, o cal pode chegar a causar a súa morte.

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

A actividade estará coordinada polo persoal de SEO Pontevedra que fará unha pequena formación ao inicio.

A cada participante se lle fará un seguro de accidentes.

Aportaremos luvas e mascarillas para cada asistente e material como caldeiros, pequenas palas, escobas,  peneiras e bolsas, pero si podes traer algún material do que dispoñas na túa casa será benvido.

Trae roupa e calzado axeitado para o lugar de traballo.

Non acudas con cans a praia.

O desprazamento ate o lugar de limpeza correrá pola túa conta.

As prazas son limitadas e van por orde de inscrición.

Se queres participar na recollida debes inscribirte no seguinte formulario: 

FORMULARIO INSCRICIÓN

https://docs.google.com/forms/d/1kD5gGug0iu66ykG6zq2hDWRRuvK6-LwtnLaVWsz-ghM/edit

1 comentario:

  1. Maximize your Northampton business's online visibility with our specialized SEO services. We implement targeted strategies to enhance your website's rankings and local presence, ensuring effective results in Northampton's competitive digital landscape. Trust us to optimize your digital presence, connect with the local audience, and achieve sustainable growth through proven SEO techniques.If you want any information about this please visit Visit northampton seo!.

    ResponderEliminar