viernes, 28 de noviembre de 2025

XORNADAS EN ANTELA

Como é sabido a Lagoa de Antela é un caso emblemático: foi, no seu momento, un dos humidais máis importantes da península ibérica, cunha extensión de 3.600 hectáreas. Situada na comarca da Limia (Ourense), foi desecada entre os anos 50 e 60 para usos agrícolas, e da que hoxe só quedan pequenos restos e zonas parcialmente restauradas (que non son as areeiras). É un lugar cargado de memoria ambiental e social.


O obxectivo xeral destas xornadas foi reconectar á comunidade co humidal, recuperar a súa memoria colectiva, analizar a súa situación actual e definir, xunto coas administracións competentes, unha folla de ruta para a súa recuperación ecolóxica, social e cultural.

No observatorio de Gomareite.

A asistencia as xornadas para ser un día de seman foi excelente, o mesmo que as ponencias das diferentes ONG ambientalistas e particulares, ideal o local onde se fixeron, moi seria e responsable a implicación do Concello de Sandiás e sobre todo moi boa a participación e interese de todos os participantes .

No picnic.

Foi un éxito que agora só esperamos que vaia dando os seus froitos.


Desde SEO-Pontevedra grazas a todos !!

martes, 25 de noviembre de 2025

XUNTANZA EN DOÑANA

E. González. 

Estes días varios menbros do GL SEO-Pontevedra estivemos numha xuntanza con outros grupos de toda España en Doñana, Huelva.

Os 60 participantes compartimos experiencias e fixemos propostas para mellorar o rendemento da nosa agrupación, ademáis percorremos diferentes hábitats de Doñana como arrozais, marisma, piñeirais…. sempre acompañados por un guía de SEO da zona.

 Disfrutamos moito das casi 100 especies que avistamos como ibis mouros, flamengos, águia imperial, garzas de noite, camons, bufo real, bufo das xunqueiras, cigoñas negras, falcos das torres, gatafofrnelas, grous, cerceta parda, focha moura, etc.

Foi unha  experiencia inesquecible.


viernes, 21 de noviembre de 2025

E. González.

  O vindeiro 30 de novembro faremos unha saída ornitolóxica para observar as aves invernantes da enseada de San Simón, Vilaboa.

No percorrido poderemos obsevar aves acuáticas como  patos, cullereiros,  limícolas , garzas, corvos mariños, gaivotas varias,  rapaces como aguia pescadora e diferentes paxariños.

Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.

As prazas son limitadas e van por orde de inscrición.

Para poder participar nas excursions de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse.