Como é sabido a Lagoa de Antela é un caso emblemático: foi, no seu momento, un dos humidais máis importantes da península ibérica, cunha extensión de 3.600 hectáreas. Situada na comarca da Limia (Ourense), foi desecada entre os anos 50 e 60 para usos agrícolas, e da que hoxe só quedan pequenos restos e zonas parcialmente restauradas (que non son as areeiras). É un lugar cargado de memoria ambiental e social.
O obxectivo xeral destas xornadas foi reconectar á comunidade co humidal, recuperar a súa
memoria colectiva, analizar a súa situación actual e definir, xunto coas
administracións competentes, unha folla de ruta para a súa recuperación
ecolóxica, social e cultural.
![]() |
| No observatorio de Gomareite. |
A asistencia as xornadas para ser un día de seman foi excelente, o mesmo que as ponencias das diferentes ONG ambientalistas e particulares, ideal o local onde se fixeron, moi seria e responsable a implicación do Concello de Sandiás e sobre todo moi boa a participación e interese de todos os participantes .
![]() |
| No picnic. |
Foi un éxito que agora só esperamos que vaia dando os seus froitos.




No hay comentarios:
Publicar un comentario