A Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) ven de elixir á Galiñola negra (Fulica atra,
focha en castelán) como Ave do Ano 2014. Esta especie característica das nosas
zonas húmidas, de aspecto inconfundible grazas ao seu corpo totalmente negro e
o peteiro branco que se continúa cun visible “escudete” frontal, esta a sufrir
nos últimos anos un declive das súas poboacións en Galicia.
As causas da súa diminución relaciónanse cos problemas de conservación
que están a sufrir as zonas húmidas galegas nos últimos tempos, polo que esta
especie é un bo indicador da calidade e problemas de conservación dos nosos
humidais.
A proliferación de
especies exóticas invasoras, como o cangrexo americano e
certos peixes de auga
doce que compiten coa galiñola polo alimento, ou o visón américano que depreda
directamente sobre a especie; as alteracións na dinámica natural de certas rías
e outros humidais costeiros debido á construción de infraestruturas e a falta
de xestión na maioría das zonas húmidas galegas, son as principais ameazas as
que se enfronta a especie.
Durante o ano 2014
desenvolveranse diversas actividades para avaliar o seu estado de
conservación e coñecer as posibles causas que operan no seu declive. Para elo
solicitarase a colaboración de todos os socios e entusiastas das aves en Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario