martes, 31 de marzo de 2026

Comeza a tempada de cría da píllara das dunas: agora máis ca nunca, os cans fóra das praias

 


A Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) xa iniciou a súa tempada de cría nas praias galegas. Estamos, polo tanto, no momento máis crítico do ano para esta especie seriamente ameazada, catalogada como “En perigo” no Libro Vermello das Aves de España e “Vulnerable” no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

Esta limícola, que apenas deixa unha leve depresión na area como niño, é extremadamente vulnerable ás perturbacións humanas. Máis do 80% das súas postas fracasan por causas como temporais, depredación… e, sobre todo, a presenza de cans soltos ou paseando pola praia.

Por que é tan importante non levar cans ás praias?

Cando as píllaras chegan ás praias de cría e forman parellas, buscan lugares tranquilos e seguros onde sacar adiante os seus polos. A presenza de cans, que elas perciben como depredadores, pode expulsalas da zona incluso antes de iniciar a incubación. Ademais, durante o período de incubación e nos primeiros días de vida dos poliños, calquera perturbación pode facer que os adultos abandonen definitivamente o niño ou temporalmente, deixando ovos e crías vulnerables á deshidratación, ao frío ou aos depredadores. Mesmo a simple presenza dun can —aínda que vaia atado— é interpretada pola píllara como unha ameaza.

Nos últimos anos, tanto voluntariado como gardas/axentes ambientais, policías locais e axentes do SEPRONA teñen rexistrado numerosos casos de cans en praias a pesar da cartelería e da prohibición expresa. Esta é unha das causas directas de abandono, destrución accidental de niños e da morte de poliños.

Recordatorio legal e ético

Nas praias onde a píllara das dunas nidifica, os cans están prohibidos.
Non é unha recomendación: é unha norma obrigatoria, en vigor cada ano durante toda a tempada de cría.

Cumprila non só evita sancións, senón que é un acto básico de conservación dunha das últimas poboacións desta especie en Galicia —unha especie que xa desapareceu de gran parte do norte peninsular e que apenas conta con pouco máis de oitenta parellas no noso litoral. 

Como podes axudar?

  • Respecta sempre a sinalización e mantente afastado das zonas acoutadas.
  • Non pasees o teu can por estas praias nin sequera a primeiras horas ou ao anoitecer.
  • Evita camiñar por zonas de duna ou vexetación, onde se poden agochar os pitos que son case invisibles.
  • Se atopas un niño sen protexer afástate e avisa aos axentes ambientais ou a través do 112.
  • Comparte esta información para que máis xente coñeza o problema

____________________________________________________________________________________________________

A conservación da píllara das dunas é responsabilidade de todas e todos.
Cada niño conta. Cada poliño conta. E cada xesto tamén.

Axuda a protexelos: os cans non teñen sitio nestas praias.



Píllara das dunas. G. Ferreiro.

lunes, 30 de marzo de 2026

CRUZ ROJA, PÍLLARAS E RESERVA ORNITOLÓXICA DO GROVE

E. González.
 

Este sábado dende SEO-Pontevedra fixemos unha  actividade de voluntariado coa ONG Cruz Roja na Praia  de Area da Cruz, ubicada na Reserva Ornitolóxica do Grove e areal onde nifica a Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus), que como sabedes é un ave protexida pola súa vulnerabilidade.

A actividade consistiu na posta a punto do areal para a nova tempada de píllaras, cunha limpeza de residuos da area e principalmente coa extracción de prantas exóticas invasoras da duna como Carpobrotus edulis ou Arctotheca  calendula.

G. Ferreiro.

 A implicación dunhas 50 persoas voluntarias asi como o seu entusiamo pola 
actividade foi  moi satisfactoria ata o punto de  que se retiraron 2.500 kilos de prantas exóticas invasoras.



Grazas a todos os voluntarios de Cruz Roja por adicar  o seu tempo libre a conservar a natureza!!

martes, 24 de marzo de 2026

CRONICA DE VIAJE PORLA COSTA SUR DE LA RÍA DE AROUSA

 

Págalo grande (Stercorarius skua). Ilustración Encarna González.


Salida primaveral de este pasado domingo que hemos realizado por la costa sur de la ría de Arousa y como despedida de las aves migradoras invernantes. Todos los participantes hemos disfrutado de 55 especies de aves.

Esta es la lista de aves identificadas: Ánade azulón, Anade friso, Garza real, Garceta común, Garcilla bueyera, Espátula común, Zampullín común, Zampullín cuelllinegro, Cormorán grande, Cormorán moñudo, Águila pescadora, Busardo ratonero, Chorlito gris, Chorlitejo grande, Zarapito trinador, Correlimos común, Correlimos tridáctilo, Andarríos chico, Archibebe común, Archibebe claro, Vuelvepiedras común, Aguja colipinta, Ostrero euroasiático, Frailecillo atlántico (5 cadáveres en dos playas. Uno marcado con anilla metálica escocesa), Gaviota reidora, Gaviota sombría, Gaviota patiamarilla, Charrán patinegro, Págalo grande (2 ejemplares), Paloma torcaz, Avión roquero, Avión común, Golondrina común, Carbonero común, Herrerillo común, Urraca común, Corneja negra, Pito ibérico, Reyezuelo listado, Chochín paleártico, Estornino negro, Curruca capirotada, Cetia ruiseñor, Mirlo común,  Zorzal común, Tarabilla europea, Petirrojo europeo, Cisticola buitrón, Lavandera blanca, Gorrión común, Jilguero europeo,  Pinzón vulgar, Pardillo común, Escribano soteño y Serín verdecillo.

sábado, 21 de marzo de 2026

SEO PONTEVEDRA E O COLECTIVO ECOLOXISTA DO SALNÉS PRESENTAMOS UNHA PROPOSTA PARA DECLARAR UN ENIL NA COSTA DE CAMBADOS


O GL da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife) en Pontevedra e o Colectivo Ecoloxista do Salnés vimos de presentar aos grupos políticos do Concello de Cambados e aos representantes da confraría de pescadores e Asociación de mariscadoras, unha proposta para declarar como Espazo Natural de Interese Local (ENIL) unha área costeira de alto valor ambiental situada na ría.

A proposta atinxe ao concello de Cambados e abrangue a zona intermareal do Estanque da Seca, o Saco de Fefiñáns e a Ribeira de Fefiñáns ata a Torre de San Sadurniño, así como pequenas masas forestais próximas. En conxunto, trátase dun ámbito de arredor de 91 hectáreas que forma parte do funcionamento ecolóxico da ría de Arousa e que presenta importantes valores naturais, paisaxísticos e patrimoniais.

Este espazo constitúe un ecosistema costeiro de gran riqueza biolóxica. Nos seus fondos intermareais existen sedimentos areoso-lamacentos con elevada produtividade, praderías mariñas de Zostera e comunidades vexetais halófitas características das zonas húmidas costeiras. Estes hábitats sustentan unha importante diversidade de invertebrados e especies marisqueiras.

A zona destaca polos seus valores ornitolóxicos, ao funcionar como área de alimentación, descanso e paso migratorio para numerosas aves acuáticas. Entre as especies presentes figuran ardeidos, anátidas limícolas, diversidade de láridos ou cullereiros comúns, convertendo este enclave nun punto relevante dentro do sistema de humidais da ría de Arousa.

O ámbito proposto sitúase xunto a espazos incluídos na Rede Natura 2000, como o Complexo intermareal Umia–O Grove, e forma parte da área internacionalmente recoñecida como IBA ES003 Ría de Arousa–Corrubedo, considerada clave para a conservación das aves e da biodiversidade.



As organizacións promotoras subliñamos que a declaración dun ENIL permitiría protexer estes hábitats fráxiles e reforzar a conectividade ecolóxica da ría, ao tempo que se compatibilizaría a conservación da natureza cos usos tradicionais como o marisqueo, a educación ambiental ou o lecer responsable.

A proposta tamén destaca o valor cultural e histórico do espazo, onde se localizan elementos patrimoniais singulares como o Muíño da Seca, antigos viveiros de marisco, o porto histórico de Cambados e a Torre de San Sadurniño, símbolos da relación histórica da vila co mar.

SEO Pontevedra e o Colectivo Ecoloxista do Salnés consideramos que a declaración deste espazo como ENIL sería un paso importante para conservar o patrimonio natural e cultural de Cambados, reforzando ao mesmo tempo o compromiso local coa protección da biodiversidade e co desenvolvemento sustentable do territorio e os oficios tradicionais como é o marisqueo.

miércoles, 18 de marzo de 2026

MAIS DE TRES MIL AVES MARIÑAS MORREN NAS COSTAS DE GALICIA!!

Os temporais provocaron máis de tres mil aves mariñas abeiradas nas costas de Galicia

Máis de tres mil cincocentos exemplares de aves mariñas abeiradas nas costas de Galicia, como consecuencia dos intensos temporais que sufriu a costa noroeste de España entre xaneiro e febreiro.

As aves mariñas e as borrascas

A aparición de aves mariñas abeiradas está relacionada coas duras condicións climáticas e ambientais do inverno, afectando especialmente ás aves invernantes do grupo dos álcidos (araos papagaios, araos romeiros e araos dos cons). O tren de borrascas que azoutou durante semanas á península ibérica e boa parte da costa occidental europea, provocou a aparición de numerosas aves mariñas abeiradas, especialmente nas costas de Galicia, entre as Rías Baixas e a Costa da Morte, debido á predominancia dos ventos de sur e suroeste, tamén na costa de Portugal, e posteriormente nas costas do Cantábrico e a fachada Atlántica de Francia. Rexistráronse máis de 30 especies de aves de todo tipo, maioritariamente mariñas e principalmente álcidos. Os máis afectados por estes episodios climatolóxicos, nesta ocasión, foron os araos papagaios (Fratercula artica), cun 92% dos casos, seguidos a moita distancia polos araos piros (Alle alle) e gaivotas tridáctilas (Rissa tridactyla), cada un deles co 2% dos casos. O resto das especies rexistráronse en valores inferiores ao 0,5%.

Arao piro (Alle alle). G. Ferreiro 

Os araos papagaios

Son moi coñecidos polo seu vistoso pico vermello. Esta especie cría no norte de Europa (Islandia, Noruega, Irlanda, Reino Unido) e migra ata as nosas latitudes para pasar o inverno. Dado que a maior parte do seu ciclo vital durante o inverno transcorre en alta mar, estas aves debilítanse cando hai temporais ao loitar contra as tormentas e as dificultades para pescar, polo que moitas delas acaban morrendo de esgotamento e inanición.

Araos papagaios (Fratercula artica) abeirados na praia de Area Grande, O Grove.G.Ferreiro

Labor de prospección

Máis de 350 persoas destinaron parte do seu tempo, a maioría como voluntariado, á prospección da costa coa finalidade de detectar e rexistrar aves abeiradas.

As asociacións CEMMA, SEO/BirdLife, Grupo Naturalista Hábitat, e Sociedade Galega de Historia Natural, e persoal da Subdirección General de Biodiversidad Terrestre y Marina MITECO recopilaron coordinadamente datos que chegaron a través da  Red de varamientos de Galicia da CEMMA, o Programa ICAO de SEO/BirdLife que conta cunha app, a Gardería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, grupos de Whatsapp, internet e por outras múltiples vías. Informouse ao 112 e Centros de Recuperación de Fauna.

As aves vivas foron derivadas aos Centros de Recuperación de Fauna Salvaxe da Xunta de Galicia. No caso das mortas, en unha gran parte foron recollidas  pola Gardería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, pero foi imposible dar cobertura despois de cada marea nos 1500 km de costa de Galicia, o que evidenciou unha carencia de medios para cubrir de forma efectiva todo o litoral.

Varios dos exemplares portaban anelas científicas que permitiron saber que proveñen de colonias do Reino Unido e incluso de Islandia e seguir o rastro destes exemplares.

Fratercula artica que porta anel das Illas Orcadas, Escocia. Reino Unido. G.Ferreiro

O concello cun maior número de rexistros foi Ribeira, cun 19% dos casos, seguido de O Grove, Muros, Carnota, Porto do Son, entre o 10-12%; Vigo, Cangas, Boiro, Sanxenxo, Vilagarcía, Bueu, Ferrol, entre o 1 e 6%. O resto en proporcións máis baixas ao 1%, pero sobre todo entre Fisterra e a Ría de Vigo.

Vítimas dos temporais e do petróleo

En Galicia, algunhas aves atopáronse con manchas de combustible. Tamén en Francia, onde comprobaron que as manchas de hidrocarburos que presentaban as aves son compatibles co fuel procedente dos petroleiros Tanio e Erika, naufragados en 1980 e 1999 respectivamente e que parece que continúan verquendo pequenas cantidades de combustible, contaminando así o mar e afectando as aves mariñas. Pero parece pouco probable que as aves manchadas en Galicia procedan desas áreas do Golfo de Biskaia. Ademais, atopáronse verteduras recentes en praias da Ría de Muros e Arousa. De momento continúase alerta por se seguen aparecendo as aves ao longo da costa.

Arao papagaio petroleado, praia da Lanzada. Pontevedra. G. Ferreiro.


jueves, 12 de marzo de 2026

RÍA DE AROUSA SUR

 

O vindeiro domingo 22 de marzo faremos unha excursión ornitolóxica pola costa sur da ría de Arousa. Intentaremos  observar a aves acuáticas invernantes que quedan pola zona, así como algún paxariño recen chegado de África.

 Para inscribirse ou ter mais información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.

As prazas son limitadas e van por orde de inscrición.

Para poder participar nas excursions de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse.