A Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) ven de elixir á Galiñola negra (Fulica atra, focha en castelán) como Ave do Ano 2014. Esta especie característica das nosas zonas húmidas esta a sufrir nos últimos anos un declive das súas poboacións en Galicia.
As causas da súa diminución relaciónanse cos problemas de conservación que están a sufrir as zonas húmidas galegas nos últimos tempos, polo que esta especie é un bo indicador da calidade e problemas de conservación dos nosos humidais.
Co obxecto de coñecer o status actual na nosa comunidade, anímate a participar no CENSO DE GALIÑOLA NEGRA EN GALICIA 2014.
Máis información pinchado aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario