A Sociedade Galega de Ornitoloxía, organiza unha xornada sobre a conservación de aves ameazadas de Galicia, con presentacións sobre a súa problemática e debate sobre o estado de conservación daquelas especies en situación crítica e en perigo no país.
A xornada celebrarase en Lobios, na Serra do Xurés, os vindeiros 26 e 27 de abril. O sábado 26 desenvolverase unha intensa xornada técnica e o o domingo 27 realizarase unha visita guiada pola Serra do Xurés, para coñecer de preto as metodoloxías do programa de reforzamento da aguia real e visitar as áreas de interese ornitolóxico do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.
A asistencia á xornada é gratuíta previa inscrición a través dunha mensaxe ao noso correo electrónico (sgosgo@sgosgo.org), indicando datos persoais e teléfono de contacto. Existe a posibilidade de xantar e/ou cea de confraternización. Para esta opción deberase indicar no correo de inscrición, precisando se vos anotades ao xantar, á cea ou a ambos. A data límite para inscribirse remata o mércores 23 de abril.
Máis información en sgosgo.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario