viernes, 29 de junio de 2018

Xaque á Natureza

PP, Ciudadanos, PNV y PDeCAT dan xaque á conservación da natureza.

A modificación da Ley do Patrimonio Natural e da Biodiversidade no Congreso dos Diputados desprotexe a biodiversidade española o permitir  a expansión das especies exóticas invasoras.
As cinco grandes organizacións ecoloxistas solicitarán ao Goberno español que recorra esta lei ante o Tribunal Constitucional.
 As exóticas invasoras son, xunto a destrucción do hábitat, a principal causa mundial da extinción de especies autóctonas, xerando ademais graves impactos sociais e económicos.

Cos votos do Partido Popular, Ciudadanos, EAJ-PNV y PDeCAT, o Congreso dos Diputados aprobou unha modificación irresponsable da Ley 42/2007, do 13 de decembro de 2007, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, que supón un gravísimo retroceso o xerar un marco normativo moi confuso e nada garantista para a conservación da natureza. Dita modificación, proposta polo Grupo Parlamentario Popular cando aínda estaba no Goberno, tivo como principal obxetivo legalizar a liberación de especies exóticas invasoras para a súa utilización con fins de pesca e caza, pese o gravísimo impacto ambiental, social e económico que xeran. Esta modificación marca un hito na desprotección da biodiversidade en España, xa que condiciona a conservación da natureza ás esixencias económicas, sociais, culturais e recreativas da caza e da pesca, coma si fosen máis importantes que o interés xeral e a defensa do medio ambiente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario