domingo, 5 de agosto de 2018

A MURALLA DE LUGO: PATRIMONIO DA HUMANIDADE E FOGAR DOS CIRRIOS


Onte celebrouse a VI edición de MONUMENTA, andar con arte 2018, da Xunta de Galicia, con unha visita guiada na que participaron unhas 30 persoas, pola Muralla de Lugo, onde se explicaron por expertos en historia e arqueoloxía como Adolfo de Abel Vilela e Celso Rodriguez Cao o valores históricos e arqueolóxicos deste monumento.

SEO-Pontevedra tamén fomos convidadeos para poñer en valor unha das riquezas naturais da Muralla Romana de Lugo: os cirrios comúns (Apus apus), e a relación que teñen estos formidables voadores co monumento, do que forman parte, así como as cautelas que se están aplicando nas obras de restauración da Muralla para compatibilizar o mantemento deste Patrimonio da Humanidade coa conservación da colonia de cirrios comúns mais importante de Galicia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario