O domingo os 12 participantes que asistimos a saída ornitolóxica que realizamos por Verín, observamos 74 especies de aves, destacando as estivales recen chegadas de África, ademáis de algunhas aves acuáticas, xa que a última hora do día achegámonos ata as lagoas da Limia.
Lista de aves:
Lista de aves:
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Anas platyrhynchos | Lavanco | Ánade azulón |
| Anas crecca | Cerceta | Cerceta común |
| Alectoris rufa | Perdiz | Perdiz roja |
| Coturnix coturnix | Paspallás | Codorniz común |
| Tachybaptus ruficollis | Mergullón pequeño | Zampullín común |
| Podiceps cristatus | Mergullón cristado | Somormujo lavanco |
| Ciconia ciconia | Cegoña branca | Cigüeña blanca |
| Phalacrocorax carbo | Corvo mariño grande | Cormorán grande |
| Circaetus gallicus | Aguia cobreira | Culebrera europea |
| Hieraaetus pennatua | Aguia calzada | Aguila calzada |
| Circus pygargus | Tartaraña cincenta | Aguilucho cenizo |
| Milvus migrans | Millafre negro | Milano negro |
| Buteo buteo | Miñato | Busardo ratonero |
| Gallinula chloropus | Galiñola común | Gallineta común |
| Himantopus himantopus | Pernalonga | Cigüeñuela común |
| Vanellus vanellus | Avefría | Avefría europea |
| Columba livia/domestica | Pombo das rochas | Paloma bravía |
| Columba palumbus | Pombo ferreño | Paloma zurita |
| Columba palumbus | Pombo torcaz | Paloma torcaz |
| Streptopelia decaocto | Rula turca | Tórtola turca |
| Clamator glandarius | Cuco real | Críalo europeo |
| Cuculus canorus | Cuco | Cuco común |
| Asio otus | Bufo pequeno | Búho chico |
| Upupa epops | Bubela | Abubilla común |
| Dendrocopos major | Peto real | Pico picapinos |
| Picus sharpei | Peto verde | Pito real ibérico |
| Falco tinnunculus | Lagarteiro común | Cernícalo vulgar |
| Falco peregrinus | Falcón peregrino | Halcón peregrino |
| Garrulus glandarius | Gaio | Arrendajo euroasiático |
| Pica pica | Pega | Urraca común |
| Corvus monedula | Gralla pequena | Grajilla occidental |
| Corvus corone | Corvo pequeno | Corneja negra |
| Cyanistes caeruleus | Ferreiriño azul | Herrerillo común |
| Parus major | Ferreiro real | Carbonero común |
| Lullula arborea | Cotovía pequena | Alondra totovía |
| Alauda arvensis | Laverca | Alondra común |
| Galerida cristata | Cotovía cristada | Cogujada común |
| Riparia riparia | Andoriña das barreiras | Avión zapador |
| Hirundo rustica | Andoriña común | Golondrina común |
| Ptyonoprogne rupestris | Andoriña dos penedos | Avión roquero |
| Delichon urbicum | Andoriña do cu branco | Avión común occidental |
| Cettia cetti | Rousinol bravo | Cetia ruiseñor |
| Aegithalos caudatus | Ferreiriño rabilongo | Mito común |
| Phylloscopus ibericus | Picafollas ibérico | Mosquitero ibérico |
| Acrocephalus schoenobaenus | Folosa dos xuncos | Carricerín común |
| Cisticola juncidis | Carriza dos xuncos | Cistícola buitrón |
| Sylvia atricapilla | Papuxa das amoras | Curruca capirotada |
| Sylvia undata | Papuxa do mato | Curruca rabilarga |
| Sylvia cantillans | Papuxa carrasqueira | Curruca carrasqueña |
| Troglodytes troglodytes | Carriza común | Chochín paleártico |
| Certhia brachydactyla | Gabeador común | Agateador europeo |
| Sturnus unicolor | Estorniño negro | Estornino negro |
| Turdus merula | Merlo común | Mirlo común |
| Turdus philomelos | Tordo común | Zorzal común |
| Turdus viscivorus | Tordo charlo | Zorzal charlo |
| Erithacus rubecula | Paporrubio | Petirrojo europeo |
| Luscinia megarhynchos | Rousinol | Ruiseñor común |
| Phoenicurus ochruros | Rabirrubio | Colirrojo tizón |
| Saxicola rubicola | Chasco | Tarabilla europea |
| Passer domesticus | Pardal | Gorrión común |
| Petronia petronia | Pardal das rochas | Gorrión chillón |
| Motacilla flava | Lavandeira amarela | Lavandera boyera |
| Motacilla cinerea | Lavandeira real | Lavandera cascadeña |
| Motacilla alba | Lavandeira branca | Lavandera blanca |
| Anthus trivialis | Pica das árbores | Bisbita arbóreo |
| Fringilla coelebs | Pimpín común | Pinzón común |
| Pyrrhula pyrrhula | Cardeal | Camachuelo común |
| Chloris chloris | Verderolo | Verderón común |
| Linaria cannabina | Liñaceiro | Pardillo común |
| Carduelis carduelis | Xílgaro | Jilguero europeo |
| Serinus serinus | Xirín | Serín verdecillo |
| Emberiza calandra | Trigueirón | Escribano triguero |
| Emberiza cia | Escribenta riscada | Escribano montesino |
| Emberiza cirlus | Escribenta común | Escribano soteño |
As estrelas da saída foron un fermoso bufo pequeno, un vistoso e alegre cuco real e unha folosa dos xuncos.
![]() |
| Bufo pequeno. 14.04. 2019. G. Ferreiro. |
| Cuco real. 14.04. 2019. G. Ferreiro. |

No hay comentarios:
Publicar un comentario