sábado, 17 de agosto de 2019

POLAS PRAIAS DE RIBEIRA


Onte fixemos a "2ª Xornada de Sensibilización e Concienciación" da píllara das dunas (Chorlitejo patinegro) na península do Barbanza.

Pola mañan estivemos en Coroso con un campamento de veran de duns 30 rapaces. Falámoslle da píllara e seus poliños e da importancia de conservala nesta comarca. 


Os nenos quedaron moi contentos e aprenderon que no areal non soo hai bañistas, sinon tamén  poliños dun ave que está en perigo.


Logo fumos a praia do Vilar no Parque natural de Corrubedo con un grupo duns 25 voluntarios de diferentes nacionalidades.


Enseñámoslle o grupo familiar que ainda queda nun extremo do Vilar.
Todos mostraron asombro de como esta sensible especie pode convivir cos veraneantes.

Xa pola tarde nesta misma praia guiamos a varias familias. Tamén  mostrámoslle outros valores do parque dos que dependen estas aves.


E atardiña voltamos a  Coroso, e o grupiño que estaba na duna fixo as ledicias das persoas que transitaban polo paseo marítimo.


Todos os participantes destas actividades levaron publicacións e agasallos relacionados coa especie e fixeronse fotos con alas de píllara para o recordo.


Unha vez mais creemos que a xornada foi moi productiva e ilusionante, tanto para nos como para os nenos e maiores, xa que descubriron outro valor natural das praias: a píllaras das dunas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario