lunes, 14 de junio de 2021

1m2 CONTRA A BASURALEZA 2021


O sábado 12, para celebrar ou día "Libera, 1m2 contra a basuraleza 2021", cuxa finalidade é loitar contra o abandono de lixos nas contornas naturais e concienciar e sensibilizar á cidadanía, o grupo local SEO-Pontevedra, realizamos varias xornadas de recollida en diferentes puntos galegos.



Duas destas xornadas foron no Camiño de Santiago con Cabreiroá. Unha nun tramo do camiño que discorre por Monterrei, (Ourense) e outra recollida fíxose nunha senda do camiño que pasa por un belo bosque galego autóctono en Ordes (A Coruña).



Tamén o grupo Nova Pescanova, colaborou con nos nesta actividade facendo unha recollida na contorna natural de cabo Udra. Pontevedra.


En todas estas xornadas retirouse moito lixo e non só de gran tamaño, senón tamén
microplásticos e cabichas que as limpezas municipais non retiran e causan un grave problema nos espazos naturais.


Grazas a todos vos voluntarios por dedicar ou seu tempo a liberar a natureza de lixo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario