lunes, 7 de junio de 2021

LIMPEZA NA RIBEIRA DO MIÑO CON DECATHLON

Foto E. González.

Onte domingo fixose unha xornada de limpeza de residuos en colaboración con Decathlon de Ourense e súas actividades adicadas ao Medio Ambiente, na senda que discurre pola ribeira do río Miño a seu paso por Ourense. 

Neste espazo de gran riqueza natural de flora e fauna,  destacan as aves, así os participantes poideron disfrutar de: cirrio  común, anduriña das barreiras, picafollas ibérico, papuxa das amoras,  peto verde, lavanco, gaivota de patas amarelas, pin pín vulgar, merlo común, pombo torcaz...

Durante a mañan os voluntarios adicaron o seu día libre a retirar da contorna toda clase de residuos, entre eles as toalliñas húmidas que veñen arrastradas pola auga e quedan enganchadas nas ramas das árbores, ademáis de plásticos, envoltorios, panos de papel, zapatos, metais, rodas …  

Na xornada  impartimoslle tamén varias microconferencias sinalando o grave problema que supon a basura na natureza (Basuraleza), e a función primordial que desempeñan os ríos  en estado limpo para a saúde ambiental, non só para as especies  animais e vexetais, sinon tamén para o home.

Grazas a Decathlon e a todos os voluntarios! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario