sábado, 21 de mayo de 2022

REDE NATURA E PÍLLARAS


Hoxe a celebración do Día Europeo da Rede Natura 2000 que realizamos na praia da Reserva Ornitolóxica de SEO/Birdlife do Grove, para dar a coñecer e concienciar sobre a ameazada  Píllara das duna (Charadrius alexandrinus), foi todo un éxito.


Os participantes a este evento ademáis de falarlle da importancia desta figura de protección de espacios naturais, poideron ver as parcelas de exclusión das píllaras, diferenciar entre machos e femias e  disfrutar de poliños con 21 días e polos de 4 días. 

Poidemos ver un macho de píllara facendo un cunco na area e unha parella copulando.

Tamén dende a praia observamos largarteiro, bubela, cirrio pálido, lavandeira amarela, gaivota escura laverca, mazarico chiador, etc.

                                         Macho con poliño de 4 días. Vídeo de Carlos López.                

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario