domingo, 12 de junio de 2022

1m² CONTRA A BASURALEZA

1m² contra a basuraleza é un encontro anual colaborativo para recoller basuraleza dos entornos naturais. 

A través dunha convocatoria cidadá este fin de semana houbo 700 puntos de recollida en España, nas nosas zonas naturais próximas para intentar reducir a cero o lixo que hai na natureza.

En SEO-Pontevedra tivemos duas actividades: 

O sábado con Nueva Pescanova, na Reserva Ornitolóxica do Grove, na 32 voluntarios sacaron 727 kilos de lixo: cordas, rodas, plásticos, vidros, ferros.... 


Tamén retiráronse 220 kilos de Carpobrotus edulis ou "uña de gato", pranta exótica invasora que compite e despraza entre outras a  Cystanche felipae ou "cardo leiteiro", xoia da nosa enseada.


Os participantes quedaron moi contentos e orgullosos co traballo realizado.



O domingo a actividade foi con Alcampo Vilagarcía.

 Nesta xornada participaron 26 persoas, co as que percorremos distintos ambientes do espazo natural de Carreirón, na  Illa de Arousa.

Logramos retirar 175 kilos de lixo.  A destacar: embases , restos de acuicultura, cordas, emboltorios de plástico...

 


 Ademáis do lixo retiramos duas especies de prantas exóticas invasoras: 
Actotheca calendula ou "margarita do Cabo" e Carpobrotus edulis ou "uña de gato".


Grazas a todos os voluntarios  de Nueva Pescanova e Alcampo Vilagarcía por dedicar o seu tempo libre a liberar a natureza de lixo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario