domingo, 14 de abril de 2024

TARTARUGA NA PRAIA DA LANZADA

G. Ferreiro.

Onte apareceu esta fermosa tartaruga mariña común ou tortuga boba (Caretta caretta), na praia da Lanzada, Reserva Ornitolóxica do Grove.

Por desgracia estaba morta e non tiña feridas nin nada que indicase a causa da morte.

G. Ferreiro.

Foi levada pola CEMMA para facerlle a necropsia.

Unha boa nova é que nuha praia da Reserva apareceu outro niño de Píllara das dunas, o terceiro desta tempada.  . 

Xa foi balizado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario