martes, 4 de febrero de 2025

DÍA MUNDIAL DOS HUMEDAIS EN ANTELA

P. Gándara

 O sábado 1 celebramos no concello de Sandiás (OU), o Día Mundial dos Humedáis.

Este ano SEO/BirdLife baixo o lema "Os humidais esquecidos" quixo facer incapé en duas das lagoas que foron das máis importantes de España, a lagoa de La Janda en Cádiz e a lagoa de Antela en Ourense.

A xornada en Galicia celebrouse no Centro de Interpretación da Lagoa de Antela no concello de Sandiás, onde tivo unha grande participación enchéndose o aforo dispoñible.

Este evento consistiu en varias charlas moi interesantes, a primeira a cargo de Ramón Martí de SEO BirdLife que presentou un informe sobre o estado de conservación dos humidais en España, posteriormente Serafín González da Sociedade Galega de Historia Natural falounos da antiga lagoa de Antela e diversos exemplos de recuperacións que están levando a cabo dende a súa organización. Por último Diego Rodríguez da Sociedade Galega de Ornitoloxía expuxo os importantes valores ambientais e ornitolóxicos da Limia e presentou un proxecto de recuperación da lagoa de Antela. Tamén nos acompañaron representantes de diferentes administracións como o alcalde de Sandiás, a Directora Territorial e o Xefe de Servicio de Patrimonio Natural da Consellería de Medio ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, o alcalde de Vilar de Barrio e o Teniente alcalde de Vilar de Santos.


P. Gándara.

Despois do pincho e dunha visita ao Centro de Interpretación da lagoa de Antela do concello, percorremos parte dos terreos que ocupou a lagoa coas correspondentes explicacións dos expertos, e visitamos a recuperación dos terreos que está a facer a SGHN nestes espazos.



A xornada foi moi interesante e exitosa e todos os participante quedaron moi satisfeitos e coas ideas claras da importancia de conservar e restaurar os espazos húmidos galegos, como a que foi unha das máis  grandes lagoas da península ibérica: Antela.

Grazas ao concello de Sandiás pola magnífica acollida e aos  representantes políticos asistentes pola súa implicación, aos poñentes polo seu entusiasmo e a todos os participantes polo grande interés que mostraron.


No hay comentarios:

Publicar un comentario