O Día das Aves 2018 de
SEO/BirdLife celebrouse en España en 140 puntos e con máis de 400 actividades participativas. En Galicia celebrámolo na
Reserva Ornitolóxica do Grove e contorna.
A valoración podémola considerar moi positiva xa que houbo un nivel moi importante de participación
tanto de nenos como de adultos, pois cubrironse todalas prazas dispoñibles, ademáis mostraron un grande interés pola natureza en xeral e pola observación de aves en particular.
 |
Tamén a TVG acercouse a facer unha reportaxe polo Día das Aves. |
O taller de introducción a eBird
foi interesante para todos e descoñecido para a maioría dos
partícipes, que a partir de agora quedaron de subir as súas observacións de aves nesta aplicación móbil, que ademáis ofrece información detallada moi útil para
deseñar estratexias de conservación de aves.
Coa excursión percorrimos distintos ambientes naturais da Reserva importantes para as aves: intermareal,
marisma, baía, lagoas, ensenadas, campos de cultivo…, para poder observar o número máis diverso posible.
Vimos aves urbanas,
aves limícolas, aves mariñas, aves rapaces, anátidas, ardeidos, rálidos, paseriformes…,
algunhas residentes e outras en migración.
Esta é a lista das observacions:
|
Nome
científico |
Nome galego |
Nome castelán |
Tachybaptus ruficollis |
Mergullón pequeño |
Zampullín común |
Puffinus mauretanicus |
Furabuchos |
Pardela balear |
Morus bassanus |
Mascato |
Alcatraz atlántico |
Phalacrocorax carbo |
Corvo mariño grande |
Cormorán grande |
Phalacrocax aristotelis |
Corvo mariño cristado |
Cormorán moñudo |
Egretta garceta |
Garzota común |
Garceta común |
Egretta alba |
Garza branca grande |
Garceta grande |
Ardea cinerea |
Garza real |
Garza real |
Platalea leucorodia |
Cullereiro |
Espátula común |
Anas platyrhynchos |
Pato real |
Ánade azulón |
Anas strepera |
Pato frisado |
Anade friso |
Anas acuta |
Pato rabilongo |
Anade rabudo |
Anas clypeata |
Pato cullerete |
Pato cuchara |
Anas crecca |
Ceceta común |
Ceceta común |
Accipiter nisus |
Gabián común |
Gavilán común |
Rallus aquaticus |
Galiñola bicuda |
Rascón |
Gallinula chloropus |
Galiñola común |
Gallineta común |
Filica atra |
Galiñola negra |
Focha común |
Haematopus ostralegus |
Gavita |
Ostrero euroasiático |
Arenaria interpres |
Virapedras |
Vuelvepiedras |
Calidris alpina |
Pilro común |
Correlimos común |
Actitis hypoleucos |
Bilurico das rochas |
Andarríos chico |
Tringa totanus |
Bilurico común |
Archibebe común |
Tringa nebularia |
Bilurico claro |
Archibebe claro |
Gallinago gallinago |
Becacina |
Agachadiza común |
Limosa limosa |
Mazarico rabinegro |
Aguja colinegra |
Limosa laponica |
Mazarico rubio |
Aguja colipinta |
Numenius arquata |
Mazarico real |
Zarapito real |
Numenius phaeopus |
Mazarico chiador |
Zarapito trinador |
Chroicocephalos ridibundus |
Gaivota chorona |
Gaviota reidora |
Larus canus |
Gaivota cana |
Gaviota cana |
Larus melanocephalus |
Gaivota cabecinegra |
Gaviota cabecinegra |
Larus michahellis |
Gaivota patiamarela |
Gaviota patiamarilla |
Larus fusvus |
Gaivota escura |
Gaviota sombría |
Larus marinus |
Gaivotón |
Gavión atlántico |
Sterna sandwicensis |
Carrán cristado |
Charrán patinegro |
Columba livia domestica |
Pomba doméstica |
Paloma doméstica |
Columba palumbus |
Pombo torcaz |
Paloma torcaz |
Streptopelia decaocto |
Rula turca |
Tórtola turca |
Alcedo atthis |
Martiño peixeiro |
Martín pescador |
Picus sharpei |
Peto verde ibérico |
Pito real |
Motacilla alba |
Lavandeira branca |
Lavandera blanca |
Troglodytes troglodytes |
Carriza común |
Chochín común |
Prunella modularis |
Azulenta común |
Acentor común |
Erithacus rubecula |
Paporrubio europeo |
Petirrojo europeo |
Phoenicurus ochruros |
Rabirrubio negro |
Colirrojo tizón |
Saxicola rubicola |
Chasco europeo |
Tarabilla europea |
Turdus merula |
Merlo común |
Mirlo común |
Cettia cetti |
Rousinol bravo |
Cetia ruiseñor |
Cisticola juncidis |
Carriza dos xuncos |
Cistícola buitrón |
Sylvia melanocephala |
Papuxa cabecinegra |
Curruca cabecinegra |
Sylvia atricapilla |
Papuxa das amoras |
Curruca capirotada |
Phylloscopus collybita |
Picafollas europeo |
Mosquitero común |
Phylloscopus trochilus |
Picafollas musical |
Mosquitero musical |
Ficedula hypoleuca |
Papamoscas negro |
Papamoscas cerrojillo |
Periparus ater |
Ferreiriño negro |
Carbonero garrapinos |
Cyanistes caeruleus |
Ferreiriño azul |
Herrerillo común |
Parus major |
Ferreiro real |
Carbonero común |
Pica pica |
Pega rabilonga |
Urraca común |
Corvus corone |
Corvo pequeno |
Corneja negra |
Sturnus unicolor |
Estorniño negro |
Estornino negro |
Passer domesticus |
Pardal común |
Gorrión común |
Serinus serinus |
Xirín común |
Serín verdecillo |
Carduelis chloris |
Verderolo común |
Verderón común |
Carduelis carduelis |
Xílgaro europeo |
Jilguero |
Carduelis cannabina |
Liñaceiro común |
Pardillo común |
Emberiza cirlus |
Escribenta común |
Escribano soteño |
Estrilda atrild |
Pico de coral |
Pico de coral |
| |
|
| |
O 7 de outubro foi un día
moi fermoso e todos fomos un pouco máis felices contaxiados pola alegría das aves.