martes, 31 de mayo de 2022

LIMPEZA VOLUNTARIA DO MIÑO CON DECATHLON



O vindeiro domingo 5 de xuño pola mañá, entre as 9:30 as 13:30, faremos unha xornada de limpeza nas ribeiras do río Miño, a altura de Ourense. 

Actividade organizada por Decathlon e SEO/BirLife co obxetivo de concienciar da grave ameaza ambiental que supón o plástico e demáis lixo na natureza.

Se queres participar neste evento voluntario de conservación das ribeiras do Miño so tes que inscribirte neste enlace

lunes, 30 de mayo de 2022

ACTIVIDADES DE FIN DE SEMANA

Este fin de semana fixemos varias actividades ornitolóxicas e de conservación da natureza.

O sábado guiamos a 30 persoas do concello de Ames (CO),  polo Parque Natural de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán para disfrutar das aves de este espazo natural protexido.

Observaron 32 especies de aves entre elas a píllara das dunas, das que lle falamos dos seus problemas de conservación, tamén destacar a observación dunha garza imperial que fixo as ledicias dos participantes, así como diferentes especies acuáticas e paxariños do parque.


O domingo,  entorno a 40 persoas de TAGSA, se desplazaron ao concello de Pluxín (OU), para facer varias actividades de conservación no fermoso río que cruza o concello.


Ademáis de retirar lixos da contorna, tamén eliminaron prantas exóticas invasoras do río. Xa para rematar este grupo disfrutou dunha xornada de identificación de aves dos bosque de ribeira.


martes, 24 de mayo de 2022

TALLER CAIXAS NIÑO

 Estes días fixemos un obradoiro de caixas niño no CEIP Balouta do concello de Ames.

Os 50 nenos de 3º e 4º curso disfrutaron con entusiasmo coa elaboración das caixas e que logo entre todos colgamos nas  árbores do patio de colexio.


Os pequenos tamén tomaron conciencia da importancia de conservar a biodiversidade e  dos beneficios que nos aporta o fomentar a nidificación dos paxariño da nosa contorna.



sábado, 21 de mayo de 2022

REDE NATURA E PÍLLARAS


Hoxe a celebración do Día Europeo da Rede Natura 2000 que realizamos na praia da Reserva Ornitolóxica de SEO/Birdlife do Grove, para dar a coñecer e concienciar sobre a ameazada  Píllara das duna (Charadrius alexandrinus), foi todo un éxito.


Os participantes a este evento ademáis de falarlle da importancia desta figura de protección de espacios naturais, poideron ver as parcelas de exclusión das píllaras, diferenciar entre machos e femias e  disfrutar de poliños con 21 días e polos de 4 días. 

Poidemos ver un macho de píllara facendo un cunco na area e unha parella copulando.

Tamén dende a praia observamos largarteiro, bubela, cirrio pálido, lavandeira amarela, gaivota escura laverca, mazarico chiador, etc.

                                         Macho con poliño de 4 días. Vídeo de Carlos López.                

 

lunes, 16 de mayo de 2022

XORNADA SOBRE A PILLARA DAS DUNAS NO DÍA EUROPEO DA REDE NATURA 2000


O próximo 21 de maio celebraremos o Día Europeo da Rede Natura 2000.  

Trátase dunha edición especial porque se conmemora o 30 ANIVERSARIO da creación da REDE NATURA 2000, o principal instrumento de conservación de máis de 27.000 espazos europeos de alto valor ecolóxico, que nos permiten conectar coa natureza. 

O sábado 21 ao longo da mañan, faremos unha actividade de concienciación sobre a Píllara das dunas nunha praia da Reserva Ornitoloxica de SEO/BirdLife do Grove donde se reproduce esta especie, espazo Rede Natura 2000.

Se queres máis información sobre a xornada só tes que enviarnos un correo.

 

As prazas son limitadas e irán por orde de inscrición.

Para poder participar  é imprescindible inscribirse antes do venres 20 as duas da tarde.


martes, 10 de mayo de 2022

BRAÑAS DE XESTOSO

E. González.

O vindeiro domingo 22 de maio faremos unha saida ornitolóxica a uhna das zonas Rede Natura 2000 da provincia de Pontevedra: As brañas de Xestoso e contorna.

Situadas na Dorsal Galega as brañas de Xestoso combinan  monte baixo de brezos e toxos  con prados húmidos, pequenos bosques de carballos e salgueiros, regatos..., favorecendo a presenza de diversidade de aves como paseriformes ou rapaces, así como flora, anfibios e réptiles.

PRAZAS COMPLETAS

Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.

 

As prazas son limitadas e van por orde de inscrición.

Para poder participar na excursiones de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse antes do venres 20 as duas da tarde.

 


lunes, 2 de mayo de 2022

NOVIDADES PÍLLARA DAS DUNAS

Anxo Gómez.

No que vai de tempada na Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife, este ano temos 6 niños de Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus), en 2 praias do Grove.

Destes 6 niños, que estiveron protexidos coas medidas correspondentes, dous xa eclosionaron, e 1 foi destruido, ademáis a femia foi ferida nunha pata (descoñecemos as causas, pero non descartamos un can).

E. González.

Polo tanto agora temos 3 niños sin eclosionar e varios polos curricando polas praias.

E como os cans non faltan nin un só día, pedimos aos usuarios que sexan dunha vez por todas responsables y respetuosos e deixen de levar cans aos areais, onde fan  moito dano, e máis habendo unha praia canina no Grove.

G. Ferreiro.