viernes, 25 de septiembre de 2020

VOLUNTARIADO NO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA, SÁLVORA

O longo do mes de ouctubro realizaremos varias xornadas de  anelamento científico na Illa de  Sálvora pertencente ao Parque Nacional dás  Illas Atlánticas de Galicia.


Durante o mes de outubro e ao longo de tres fines de semana, concretamente o do 10-11, 17-18 e 24-25 realizaremos unhas xornadas de anelamento científico de aves abertas á participación de voluntarios.  

As prazas son limitadas e atenderanse por estrita orde de inscrición

Para mais información e condicións de participación pica aquí.

.¡Xa podes solicitar a túa praza!


DÍA DAS AVES 2020



A fin de semana do 3 e 4 de outubro SEO/BirdLife celebra o Día das Aves en moitos lugares de toda España e con centos de actividades de “paxareo”: rutas guiadas, obradoiros infantís, conferencias, contacontos, puntos de observación de aves…

As aves son os mellores indicadores do estado de saúde da nosa contorna, son símbolo de vida, de calidade de vida. Durante a celebración do Día das Aves alzamos a voz para garantir que os seus cantos se sigan escoitando ben forte co lema “As aves, indicadores de calidade de vida”.

En Galicia SEO/BirdLife celebraremos o Día das Aves o domingo 4 de outubro na Reserva Ornitolóxica do Grove, cunha ruta guiada na que poderemos observar as aves que agora ocupan este espazo protexido, xa sexan aves acuáticas, mariñas ou diferentes paxariños da contorna.

Anímate e participa!!

Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un  correo a seo-pontevedra@seo.org

As prazas son limitadas e van por orde de inscrición.

Para poder participar na excursión de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse antes do xoves 1 de outubro.

A píllara das dunas é unha pequeña limícola que aniña nas praias de Galicia. É unha especie  ameazada polo que necesita medidas de conservación.

 O grupo local SEO-Pontevedra leva anos facendo o seguemento e colaborando na protección da poboación reproductora das praias do Salnés.

 Para financiar os gastos do voluntariado, por cada saída ornitolóxica aceptanse donativos dos participantes.

 Con nosas excursions xa podes disfrutar das aves mentras colaboras na conservación da píllara das dunas!

 

 


lunes, 21 de septiembre de 2020

Actividade de Voluntariado: Proxecto LIBERA coa Deputación de Pontevedra

 

LIBERA, unidas e unidos contra a basuraleza

O proxecto LIBERA nace como unha iniciativa de SEO/ BirdLife, a organización ambiental decana en España, en alianza con  Ecoembes, organización ambiental sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe de envases no noso país. Estas únense para loitar contra a  basuraleza a través do coñecemento, a prevención e a participación. Desde a súa posta en marcha fai tres anos LIBERA mobilizou a máis de 60.000 persoas e colaborou con máis de 860 organizacións e colectivos, converténdose nun proxecto pioneiro que busca sensibilizar a todos os públicos. Como buque insignia creou "1  m2 pola natureza", para mobilizar a todas as heroínas e heroes de LIBERA.

Neste senso a Deputación de Pontevedra ben de programar dúas actividades en praias da nosa provincia e que estarán guiadas por persoal especializado de SEO Pontevedra.

A primeira será na praia de Area da Cruz, O Grove o próximo 26/09/20 e a segunda na praia de Nerga, Cangas o 03/10/20

Se queres participar ou ter mais información segue este enlace.

viernes, 4 de septiembre de 2020

CIRRIOS PÁLIDOS OU VENCEJOS PÁLIDOS DE CAMBADOS. PONTEVEDRA

A semana pasada recibimos un aviso de que estaban a facer obras na cuberta dunha casa do casco histórico de Cambados, Pontevedra, onde hai unha colonia de Cirrio pálido ou Vencejo pálido (Apus pallidus), co perigo do taponado de ocos.

La semana pasada recibimos un aviso de que estaban haciendo obras en la cubierta de una casa del casco histórico de Cambados, Pontevedra, donde hay una colonia de Vencejo pálido ( Apus  pallidus), con el peligro del taponado de huecos.
Edificio onde está a colonia.


Aleiro con ocos por onde entranban os cirrios pálidos.
Despois dun bó número de chamadas tivemos a reunión en dito edificio coa propiedade e a constructora, e comprobamos que o día anterior xa taparan dous laterais do aleiro, onde os cirrios intentaban entrar.

Después de un  buen número de llamadas tuvimos la reunión en dicho edificio con la propiedad y la  constructora, y comprobamos que el día anterior ya habían tapado dos laterales del  alero, donde los  vencejos intentaban entrar.
Ocos do aleiro taponados.
Neste caso atopamos con xente sensible e razoable (o propietario e a constructora), e nese mesmo momento procedeuse a desmontaxe do aleiro, deixando os ocos de novo abertos. Os cirrios volveron a entrar.

En este caso encontramos con gente sensible y razonable (el propietario y la  constructora), y en ese mismo momento se procedió al  desmontaje del  alero, dejando los huecos de nuevo abiertos. Los  vencejos volvieron a entrar.

Ocos novamente abertos.
Días posteriores o aleiro foi reconstruido pero agora coas medidas dos ocos que propuxemos, ainda que fixo falta facer ata 6 visitas a obra, para asegurarnos que os albaneis fosen coidadosos coas medidas e o proceso de montaxe.

Días posteriores el  alero fue  reconstruido pero ahora con las medidas de los huecos que propusimos,  aunque hizo falta hacer hasta 6 visitas a la obra, para asegurarnos que los albañiles fueran cuidadosos con las medidas y el proceso de montaje.
Unha das visitas comprobando as modificacions.
Os cirrios pálidos seguiron entrando nos aleiros de todas as fachadas, asegurando a colonia para o futuro, e facilitándolle o crecemento desta.

Los  vencejos pálidos siguieron entrando en los  aleros de todas las fachadas, asegurando la colonia para el futuro, y facilitándole la ampliación de la misma.
Un dos novos buratos por onde agora entran os cirrios

Fachada principal.

Fachada lateral.

É máis, neste edificio, no que van a abrir una óptica de Alain Afflelou, aceptaron con agrado a idea de poñer unha placa na entrada onde diga algo así como: "Na rehabilitación deste edificio respectáronse os niños dunhas aves protexidas: os cirrios pálidos".

Esta vez os cirrios  gañaron a batalla!!


Es más, en este edificio, en el que van a abrir una óptica de Alain  Afflelou, aceptaron con agrado la idea de poner una placa en la entrada donde diga algo así como: "En la rehabilitación de este edificio se respetaron los nidos de unas aves protegidas: los  vencejos pálidos".

Esta vez los  vencejos  ganaron la batalla!!

martes, 1 de septiembre de 2020

AVES DO PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO


O próximo 19 de setembro realizarase un roteiro ornitolóxico polo Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro para coñecer as aves que alí habitan.

A partir das 10:30 da mañan e guiados por ornitólogos de SEO-Pontevedra, todos os participantes que terán a sua disposición prismáticos e guías de aves desta área do interior da provincia de Pontevedra, poderán disfrutar dos paxariños forestais e dos que está pasando cara a África por este entorno privilexiado. 

Para inscribirse pincha aquí  ou chama ao telefono: 886 151 195

ANÍMATE E PARTICIPA!!!