jueves, 28 de noviembre de 2019

A AVE DO ANO NO BARBANZA, A CORUÑA

Durante este outono membros do noso grupo local percorremos unha gran parte dos colexios de primaria da comarca do Barbanza (A Coruña) para levarlle aos mais pequenos un agasallo: a Píllara das dunas.


Foron 492 alumnos e 37 profesores dos concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Porto do Son e Noia, a quenes dímoslle a coñecer esta limícola, falámoslle da importancia da sua protección, dos problemas cos que se enfrenta e como eles coas suas pequenas pero importantes accións, poden colaborar na conservación de esta especie tan emblemática das suas praias.


Tamén onte no Auditorio do museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, impartimos unha charla, neste caso para adultos, para mostrar os resultados do proxecto e as medidas de conservación que este ano SEO-Pontevedra levamos a cabo coas píllaras das dunas do Barbanza.




Tanto nenos como profesores e público en xeral, mostraron moito interés polo coñecemento desta  ave protexida, polo  que todos foron obsequiados con posters, trípticos e marcapáxinas ilustrados coa Ave do Ano 2019.



Todas estas actividades englóbanse no "Proxecto de Conservación da Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) na península do Barbanza. A Coruña", no que colabora a Deputación da Couña.

lunes, 25 de noviembre de 2019

A PÍLLARA DAS DUNAS DO BARBANZA


O mércores día 27 de novembro, as 20:30h, impartiremos unha charla sobre "A Píllara das dunas do Barbanza", no Auditorio do museo Valle-Inclán, praza Cantón da Leña, s/n. da Pobra do Caramiñal, A Coruña.
Esta actividade englóbase no proxecto que vimos desenvolvendo no Barbanza coa colaboración da Deputación da Coruña.

Quedades todos convitados!!

martes, 19 de noviembre de 2019

XXIV CONGRESO ESPAÑOL DE ORNITOLOGÍA


Entre los días 13 y 17 de noviembre varios miembros de nuestro grupo local  nos hemos desplazado a Cádiz para presentar una ponencia en el taller "Aves, edificios e infraestructuras" para los GGLL de SEO/BirdLife, en el XXIV Congreso Español y VII Congreso Ibérico de Ornitología.

Todas las ponencias presentadas en el Congreso han tenido un gran interés y un alto nivel, destacando también una participación muy elevada con más de 300 congresistas.

sábado, 9 de noviembre de 2019

ILUSTRADORAS DA NATUREZA


Onte venres inagurouse a exposición "Ilustradoras de natureza", que recolle o traballo colectivo de catro mulleres ilustradoras: Lara Ingelmo, Marta Niñambres, Sandra Montañés e Encarna González, pintora do noso grupo local.

O medio mariño e as aves protagonizan esta exposición.

A mostra situada na planta baixa do Castelo de Santa Cruz, Oleiros, está organizada polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), e podrá visitarse hasta o 4 de xaneiro do 2020.