jueves, 30 de junio de 2022

CANS NAS PRAIAS

O Grove. 30/06/2022. Juan Gómez.

A día de hoxe 30 de xuño, seguen levando cans aos areais da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove onde nidifican as ameazadas Píllara das dunas ou Chorlitejo patinegro e onde teñen os seus poliños.

 

A PESAR DOS INNUMERABLES CARTEIS INFORMATIVOS E 

 DOS QUE PROHIBEN CANS NA PRAIA

 

A PESAR DAS CONTINUAS CHAMADAS DE ATENCIÓN

 POR PARTE DOS VOLUNTARIOS DE SEO-PONTEVEDRA

 E DOS AXENTES MEDIOAMBIENTAIS

 

A PESAR DAS MULTAS DA POLICÍA LOCAL E DO SEPRONA

 

E HABENDO UN AREAL CANINO MOI PRETO

 

CADA DÍA XENTE INCÍVICA

CONTINÚA LEVANDO CANS

 ÁS POUCAS PRAIAS DE GALICIA

 ONDE AÍNDA A PÍLLARA CRÍA  AOS SEUS POLIÑOS

 

É DE PERSOAS EGOÍSTAS

NON QUERER ACEPTAR CAL É A PRIORIDADE,

SE A DAS SUAS MASCOTAS,

 QUE ESTÁN PROHIBIDAS,

POLO QUE INFRINXEN A LEI

                                                                         E  QUE ADEMAIS

 NON CORREN NINGÚN RISCO DE EXTINGUIRSE,

 

OU A DOS ANIMAIS SILVESTRES

COMO A PÍLLARA DAS DUNAS

QUE TEÑEN QUE SOBREVIVIR  POR SI SÓS

NUN MUNDO CADA VEZ MÁIS HUMANIZADO

E QUE ESTÁN EN PERIGO DE DESAPARECER PARA SEMPRE.

POLA CULPA DOS SEUS CANS


Hoxe 30 de xuño, volvemos a  chamar a policia local de O Grove, quenes se persoaron na praia e multaron aos irresponsables.

O Grove. 30/06/2022. G. Ferreiro.

Aprenderemos algún día?

lunes, 27 de junio de 2022

POR VERÍN

E. González.
 

Ayer domingo, el grupo de amantes de la naturaleza que asistimos a la salida por Verín (Ourense), disfrutamos de su hermoso paisaje, de la vegetación, de un buen clima y por supuesto de sus aves.

E. González.

Identificamos 54 especies de aves, a destacar: 

codorniz común, perdiz roja, zampullín común, tórtola europea, cigüeña blanca, abejero europeo, culebrera europea, águila calzada, milano negro, busardo ratonero, abubilla común, martín pescador, pico picapinos, pito ibérico, cernícalo vulgar, alcotán europeo, oropéndola europea, alcaudón real, cuervo grande, alondra totovía, avión zapador, golondrina daúrica, avión común, curruca carrasqueña y rabilarga, trepador azul, ruiseñor común...

                              Abejero europeo (Pernis apivorus). Vídeo de Carlos López.


jueves, 16 de junio de 2022

AVES DE VERÍN

O vindeiro domingo 26 de xuño faremos una saída para observar aves polo concello de Verín, Ourense.

Nesta zona de característica mediterráneas, intentaremos localizar as aves propias deste tipo de ecosistemas.

Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.


PRAZAS COMPLETAS

 

As prazas son limitadas e van por orde de inscrición.

Para poder participar na excursiones de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse antes do venres 24 as duas da tarde.

 


domingo, 12 de junio de 2022

1m² CONTRA A BASURALEZA

1m² contra a basuraleza é un encontro anual colaborativo para recoller basuraleza dos entornos naturais. 

A través dunha convocatoria cidadá este fin de semana houbo 700 puntos de recollida en España, nas nosas zonas naturais próximas para intentar reducir a cero o lixo que hai na natureza.

En SEO-Pontevedra tivemos duas actividades: 

O sábado con Nueva Pescanova, na Reserva Ornitolóxica do Grove, na 32 voluntarios sacaron 727 kilos de lixo: cordas, rodas, plásticos, vidros, ferros.... 


Tamén retiráronse 220 kilos de Carpobrotus edulis ou "uña de gato", pranta exótica invasora que compite e despraza entre outras a  Cystanche felipae ou "cardo leiteiro", xoia da nosa enseada.


Os participantes quedaron moi contentos e orgullosos co traballo realizado.



O domingo a actividade foi con Alcampo Vilagarcía.

 Nesta xornada participaron 26 persoas, co as que percorremos distintos ambientes do espazo natural de Carreirón, na  Illa de Arousa.

Logramos retirar 175 kilos de lixo.  A destacar: embases , restos de acuicultura, cordas, emboltorios de plástico...

 


 Ademáis do lixo retiramos duas especies de prantas exóticas invasoras: 
Actotheca calendula ou "margarita do Cabo" e Carpobrotus edulis ou "uña de gato".


Grazas a todos os voluntarios  de Nueva Pescanova e Alcampo Vilagarcía por dedicar o seu tempo libre a liberar a natureza de lixo.