Hoxe domingo celebramos a "2ª Xornada de Sensibilización e Divulgación" na praia do concello do Grove.
Fomos seis os voluntarios que estivemos informando aos bañistas o importante que é conservar a píllara das dunas nas nosas praias, porque entre outras cousas eles son bioindicadores da calidade ambiental dos areais.
E outra vez a todos cambiáballe a cara con un grande sorriso cando miraban polo telescopio e descubrían 3 poliños patilongos e de cor branquecino curricando pola area. E non podian entender como uns seres tan indefensos podían sair adiante nun espazo tan ateigado de xente.