martes, 26 de julio de 2022

AVES DO SUIDO


 Este domingo o grupo local SEO-Pontevedra fixemos unha excursión ao Suído, sistema montañoso da dorsal galega da provincia de Pontevedra.

Como é habitual percorremos diferentes ecosistema como son os bosque de ribeira ou as cumbres da serra.

Acompañounos un tempo excelente e as observacions das aves foron espectaculares, das que todos os participantes disfrutamos.

Identificamos 41 especies, a destacar: Perdiz roja, 40 Vencejo común, 1 Abejero europeo, 3 Buitre leonado, 3 Culebrera europea, 1 Águila calzada, 2 Aguilucho cenizo, 1 Azor común, 6 Busardo ratonero,  Pico picapinos, 12 Cernícalo vulgar, 1 Halcón peregrino, 3 Alcaudón dorsirrojo, 6 Cuervo grande,  Herrerillo capuchino, Herrerillo común,  Carbonero garrapinos, Alondra común,  Golondrina común,  Mito común, 4 Curruca rabilarga, 3 Agateador europeo, 12 Zorzal charlo, etc.


         Vídeo de Carlos López.

lunes, 25 de julio de 2022

RESULTADOS DA XORNADA DE CONCIENCIACIÓN E EDUCACIÓN AMBIENTAL

Xuvenil de Píllara das dunas. Juan Gómez.

Este sábado celebramos a 2ª xornada de concienciacíon e educación ambiental  da Píllara das dunas ou Chorlitejo patinegro (Charadrius alexandrinus), na praia  da Lanzada, dentro da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.

Despois de invitar aos usuarios da praia a observar polos telescopios e os primáticos unha familia de píllaras cos seus poliños, tamen foron informados dos problemas de conservación que ten esta ave a hora de reproducirse nos nosos areais, entregándolle ademáis agasallos e folletos divulgativos relacionados coa píllara.

E. González.

Lembrando que a Píllara das dunas é unha especie protexida  que aparece no Libro Vermello das Aves de España na categoría de "En peligro" e "Vulnerable" no Catalogo Galego de Especies Ameazadas.

A xornada foi moi productiva e concurrida, tanto pola participación dos voluntarios de SEO/Pontevedra, como polos usuarios da praia, quenes mostraron entusiasmo e admiracion polos adultos e poliños de píllara das dunas.

Grazas a todos!

viernes, 22 de julio de 2022

ANELAMENTO DE PÍLLARA DAS DUNAS

 Un ano máis, colaborando coa Delegación de Pontevedra do Servicio de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, volveronse a marcas con anelas de lectura a distancia varios exemplares de Píllara das dunas.


Concrétamente durante esta tempada foron marcados un total de 10 poliños de píllara, ademáis de 1 femia e repúsoxe unha anela a outra femia que a perdera.



martes, 19 de julio de 2022

XORNADA DE CONCIENCIACIÓN E EDUCACIÓN AMBIENTAL

G. Ferreiro.

O vindeiro sabado 23 de xullo, faremos unha xornada de concienciación e educación ambiental na praia da Lanzada, O Grove, para dar a coñecer a Píllara das dunas e os problemas que ten que afrontar cada ano na época reproductiva.

Dispoñemos de telescopios para observar as aves sin ser molestadas.

 A xornada será pola maña durante unhas horas e é gratuita.

Se queres máis información só tes que enviarnos un correo.

jueves, 14 de julio de 2022

SERRA DO SUÍDO


O vindeiro domingo 24 de xullo faremos unha excursión ornitolóxica a serra do Suído (PO).

Neste sistema montañoso da provincia de Pontevedra, intentaremos ver as aves que alí habitan. 

Desde aves rapaces aos paxariños, tanto dos espazos máis elevados como os das carballeiras ou os dos  bosques de ribeira.

Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.

 

As prazas son limitadas e van por orde de inscrición.

Para poder participar na excursiones de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse antes do venres 22 as duas da tarde.