miércoles, 14 de julio de 2021

AVES DO PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO



O próximo 24 de xullo realizarase o primeiro roteiro ornitolóxico desta tempada polo Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro (Pontevedra), para coñecer as aves que alí habitan.


A partir das 11:15 da mañan e guiados por ornitólogos de SEO-Pontevedra, todos os participantes que terán a sua disposición prismáticos e guías de aves desta área do interior da provincia de Pontevedra, poderán disfrutar dos paxariños forestais do entorno privilexiado do parque. 

ANÍMATE E PARTICIPA!!!

martes, 6 de julio de 2021

PÍLLARA DAS DUNAS NA RESERVA ORNITOLÓXICA

 

Macho adulto. G. Ferreiro

Esta  tempada está  sendo  bantante  complicada para a reprodución dá Píllara das dunas  ou  Chorlitejo  patinegro  (Charadrius alexandrinus), na Reserva  Ornitolóxica de SEO/ BirdLife  do Grove.

Polo de  agora  foron bastantes os niños  que  atopamos  na  praia.  Alguns  desapareceron por causa dos  temporais de primavera e  outros foron  depredados ou abandoados.  Tamén alguns ovos non chegaron a eclosionar e varios polos  morreron por causa  do frío e dá  chuvia  deste verán tan atípico.

E. González.

Pero ainda  quedan 2 niños onde os adultos están incubando e  temos 4 poliños no  areal,  destos, 2  xa fan  voos curtos.

Tamén  dicir que  ainda que  xa  hai menos  cans  na  praia, algún  sempre se cola, a pesar dá vixiancia de persoal de medio ambiente, dá policía local e do SEPRONA. De momento levamos 113 donos de mascotas informados.


IMPACTO DOS RESIDUOS MARIÑOS NAS PÍLLARAS

Hoxe nunha das inspeccións rutinarias, atopamos que un dos poliños do último niño eclosionado tiña unha maraña de sedal moi fino liado nas patas. Esto impedialle moverse con normalidade e condenaríao a unha morte segura 

Deixamos un vídeo ilustrativo do impacto negativo que causan os residuos contaminantes dos océanos e que chegan as nosas praias con Píllaras das dunas.


Por sorte conseguimos capturar o polo e liberalo a tempo do sedal, o cal marchou correndo coa súa familia.