lunes, 16 de noviembre de 2020

AS AVES DE SANTAS MARIÑAS DO SAR


Este veran acometéronse obras de restauracións na capela de Santas Mariñas do Sar en Santiago de Compostela.

Este verano se acometieron obras de restauración en la capilla de Santas Mariñas do Sar en Santiago de Compostela.


Para a restauración desta capela tanto o organismo promotor, como o arquitecto director da obra (sensibles coa natureza), quixeron  que nos traballos de restauración respetáranse a fauna que acollía a capela. 

Na realización do estudo preliminar poidemos constatar que na igrexa non existía ningún niño activo. Quizais debido a que nas intervencións anteriores non se deixaran accesos axeitados, xa que nas inmediacións do edificio sí poidemos comprobar a presenza de diversas especies urbanas que soen ocupar estas edificacións. 

Para la restauración de esta capilla tanto el organismo promotor, como el arquitecto director de obra (sensibles con la naturaleza), quisieron que en los trabajos de restauración se respetara la fauna que acogía la capilla. 

En la realización del estudio preliminar pudimos constatar que en la iglesia no existía ningún nido activo. Quizás debido a que en las intervenciones anteriores no se dejaran accesos adecuados, ya que en las inmediaciones del edificio sí pudimos comprobar la presencia de diversas especies urbanas que suelen ocupar estas edificaciones. 

Unha das visitas a obra. E. González.

Na proposta de intervención presentada posteriormente, propuxemos que no proxecto arquitectónico se incorporaran diferentes espazos que complementaran a restauración do monumento coa conservación e fomento da biodiversidade. 

As especies obxectivo foron Cirrio común (Apus apus), Pardal común (Passer domesticus), Rairrubio (Phoenicurus ochrurus), e morcegos (Pipistrellus pipistrellus) e (Rhinolophus sp).

Esta proposta foi ben acollida polo arquitecto director, organismo promotor e a empresa contratista.

Desta maneira habilitáronse un total de 8 espazos para Pardal común, 1 para Rabirubio e 4 accesos para morcegos. Ademáis nas dúas fachadas laterais da capela quedaron os ocos das tellas dos aleiros abertos para que poidan aniñar os cirrios.


En la propuesta de intervención presentada posteriormente, propusimos que en el proyecto arquitectónico se incorporaran diferentes espacios que complementaran la restauración del monumento con la conservación y el fomento de la biodiversidad. 

Las especies objetivo fueron Vencejo común (Apus apus), Gorrión común (Passer domesticus), Colirrojo tizón (Phoenicurus ochrurus), y murciélagos (Pipistrellus pipistrellus) y (Rhinolophus sp).

Esta propuesta fué bien acogida por el arquitecto director, organismo promotor y la empresa contratista.

De esta manera se habilitaron un total de 8 espacios para Gorrión común, 1 para Colirrojo tizón y 4 accesos para murciélagos. Además en las dos fachadas laterales de la capilla quedaron los huecos de las tejas de los aleros abiertos para que puedan anidar los vencejos.


Oco para morcego.

Ocos para pardales.

Ocos para cirrio.

Acceso para morcego.

Non nos cansaremos de dicir que a conservación do noso patrimonio cultural é perfectamente compatible coa conservación do patrimonio natural que albergan os monumentos. E unha vez máis quedou demostrado nesta intervención.

Non nos cansaremos de decir que la conservación de nuestro patrimonio cultural es perfectamente compatible con la conservación del patrimonio natural que albergan los monumentos. Y una vez más quedó demostrado en esta intervención.

lunes, 2 de noviembre de 2020

"Xornadas sobre a Conservación e Posta en Valor do Patrimonio Natural da Coruña": Conservación da Píllara das dunas mediante a educación ambiental e o coñecemento, nas praias da península do Barbanza.


Os día 5 e 6 de novembro de 2020, en horario de 10:00-12:00 da maná, o CEIDA organiza unhas "Xornadas sobre a Conservación e Posta en Valor do Patrimonio Natural da Coruña".

O xoves 5 as xornadas tratan sobre o Parque Natural das Fragas do Eume:

Fragas do Eume: un exemplo de bosque atlántico europeo. D. Carlos Vales Vázquez. Director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA)

Natureza, conservación e sociedade: conflitos e oportunidades. D. José Antonio Cortés Vázquez. Doutor en Antropoloxía Social pola Universidade Pablo de Olavide (Sevilla) e profesor na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña

A Custodia do Bosque Atlántico.  D. César Martínez Yáñez e D. José Couce Ruiz . Asociación Betula.


O venres 6 serán sobre o Parque Natural de Corrubedo:

Parque Natural das Dunas de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. D. Xoán Fontaiña Pérez. Biólogo.

Dinamización do uso público do P.N. das Dunas de Corrubedo. D. Xoán Fontaiña Pérez. Biólogo

Conservación da Píllara das dunas mediante a educación ambiental e o coñecemento, nas praias da península do Barbanza. D. Gustavo M. Ferreiro Martínez. SEO BirdLife, Grupo Local-Pontevedra.

Prazas limitadas.

Inscricions: ceida.org