Achégate a coñecer o fascinante mundo das aves
Tratase do principal evento participativo organizado
por BirdLife International e que SEO/BirdLife celebra en España dende
1987. Paixón, amor e respeto polas aves son os valores que impulsan esta
cita anual, cuxo obxectivo é dar a coñecer o mundo das aves e as ameazas as que
se enfrontan.
En Galicia, SEO/BirdLife celebrará o
7 de outubro o Día das Aves realizando un bonito Roteiro pola Reserva Ornitolóxica do Grove e entorno, que a día de hoxe é a Reserva Ornitolóxica máis grande de España, a
única que hai en Galicia e a primeira que ten medio mariño.
Guiada por ornitólogos do grupo
local SEO-Pontevedra, con esta saída poderedes coñecer un pouco máis as aves que
fan que a península do Grove sexa tan especial.
Impartiremos
tamén un "Obradoiro de observación e monitoreo de aves: Introdución
a eBird como ferramenta de ciencia cidadá".
Estos eventos gratuitos nos que tamén colabora o Concello do Grove, tratan de poñer en
valor a grande riqueza da Reserva e seu entorno, xa que é descoñecida pola
maior parte das persoas, e concienciar sobre a conservación das aves que
comparten connosco a Terra e os hábitats onde viven.
Para participar é necesario inscribirse, e para obtener máis
información só tes que enviarnos un correo a:
Anímate!
As prazas son limitadas.