miércoles, 22 de abril de 2020

DÍA DA TERRA

O mundo da conservación pide a ONU que inclúa un “medio ambiente san” como un dereito humano

Hoxe, nunha carta aberta o Secretario Xeral das Nacións Unidas, António Guterres, a principal asociación mundial de conservación da natureza, BirdLife International, celebra o 50º aniversario do Día da Terra facendo un chamamento as Nacións Unidas para que dea un paso audaz e sen precedentes: declarar un medio ambiente san como un dereito humano fundamental.

A carta pide as Nacións Unidas que, como parte da súa resposta a pandemia do coronavirus, engada un “Artígo 31” a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, no que se consagre o dereito universal a un medio ambiente natural san garantizado polas políticas públicas e rexido pola sostebilidade, o coñecemento científico e a sabiduría tradicional.
A Declaración Universal dos Dereitos Humanos xurdiu das cinzas da Segunda Guerra Mundial i estableceu por primeira vez os dereitos humanos fundamentais que deben ser protexidos a nivel mundial. Os seus 30 artigos cubren temas como a tortura, a escravitude e a educación, pero non inclúen ningún artigo sobre a conservación do medio ambiente, do que depende a vida, a saúde das persoas e o seu desenvolvemento social i económico. Se ten éxito, sería a primeira vez que se engade un artigo dende que se proclamou a Declaración no 1948.
“A COVID-19 é a maior crisis mundial desde a Segunda Guerra Mundial. Pero se ben a pandemia é devastadora, tamén ofrece os líderes mundiais a oportunidade, e de feito a obligación, de transformar a sociedade, para protexer ainda máis o noso benestar e o das xeracións futuras”, di Patricia Zurita, CEO de BirdLife International. “A saúde do noso planeta é a nosa saúde. Os humans dependemos da natureza para a nosa supervivencia, pero as nosas accións alteraron o equilibrio natural da Terra”.
Estamos inmersos na doble crisis do clima e da biodiversidade, que puxo a máis dun millón de especies en peligro de extinción, e que tamén afecta negativamente a saúde humana. A pandemia actual ten as súas raíces na perda de hábitat e no comercio ilegal de especies. E como no caso das crisis climática e da biodiversidade, a COVID-19 pon de relevo unha vez máis a necesidade e a posibilidade de que a humanidade tome conciencia de que estamos todos conectados e traballe de forma unida e coordinada para dar unha resposta urxente.
“No pasado fixéronse esforzos para incluir o dereito a un medio ambiente saudable”, di Melanie Heath, Directora de Ciencia e Política de BirdLife International. “Hoxe en día, esperamos que a gravedade da pandemia sea unha chamada de atención o suficientemente forte como para que as Nacións Unidas e os ciudadans do mundo únanse para restaurar a natureza e protexernos de crisis similares no futuro”.
“O artigo 31″ sería un agasallo para o mundo e as xeracións futuras.  E qué momento máis apropiado para lanzar un manifesto por elo que o Día da Terra”, di Asunción Ruiz, directora executiva de SEO/BirdLife.”En lugar de aprender da crisis do coronavirus, algúns líderes utilízana cínicamente como excusa para facer retroceder a protección do medio ambiente. Consagrar un medio ambiente san como un dereito humano será un logro que beneficiará a humanidade nos séculos vindeiros, e é a única maneira de alcanzar os Obxetivos de Desenvolvimento Sostible das Nacións Unidas”.
A carta fai un chamamento urxente para que o dereito do Artigo 31 a un medio ambiente natural saudable sexa incluido na axenda da Cumbre da Asemblea Xeral das Nacións Unidas sobre a Biodiversidade en setembro de 2020, co obxetivo final da súa aprobación en decembro de 2023, para conmemorar o 75º aniversario da adopción da Declaración Universal pola Asemblea Xeral.
Esta carta forma parte dun impulso máis amplo para mellorar a política sobre o clima e a natureza o fin do Decenio das Nacións Unidas sobre a Diversidade Biolóxica, e é un chamamento aberto o resto da sociedade civil do planeta para que a apoie; a inclusión do dereito a un medio ambiente natural san é unha tarea que todos deberíamos respaldar se queremos protexer onoso benestar, a nosa supervivencia e salvar o noso planeta.
Para saber máis, e para firmar a petición pública de BirdLife para apoiar o Artigo 31:
 




miércoles, 8 de abril de 2020

Campaña SOS NIños

Nace SOS Niños para concienciar sobre a ameaza que supón para as aves a destrucción dos seus niños

Hoxe máis que nunca ponse de manifesto a necesidade de ter unhas cidades máis amables, máis saudables e máis resilientes. SEO/BirdLife invita a cidadanía a que se sume a SOS Nidos difundindo a campaña e as solucións para a convivencia.

Moitas especies recorren miles de kilómetros para criar en España. Ademáis de formar parte da paisaxe sonora e visual, aportan numerosos beneficios para o benestar e a saúde das persoas. O vídeo ‘No harías esto’ ilustra a importancia de non destruir os niños das aves nun momento no que, tener aves cerca de casa demostra que se fai máis levadeiro o confinamento. Ademáis, a SEO recorda que a eliminación ou destrucción de niños de anduriñas, avións, cirrios e demáis aves é unha práctica prohibida pola lexislación española, europea e internacional.