jueves, 13 de febrero de 2020

RESERVA ORNITOLÓXICA DE SEO/BIRDLIFE DO GROVE

O vindeiro domingo 23 de febreiro faremos un percorrido pola Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove (Complexo Intermareal Umia-O Grove).

Intentaremos observar as aves que invernan neste espazo Rede Natura 2000, principalmente especies acuáticas invernantes como patos, limícolas, garzas..., tamén aves mariñas, aves rapaces e paxariños da contorna.


Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.


Para poder participar na excursiones de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse antes do venres 21 as duas da tarde.

As prazas son limitadas e seguirase unha rigurosa orde de inscrición.

A píllara das dunas é unha pequeña limícola que aniña nas praias de Galicia. É unha especie  ameazada polo que necesita medidas de conservación.

O grupo local SEO-Pontevedra leva anos facendo o seguemento e colaborando na protección da poboación reproductora das praias do Salnés.

Para financiar os gastos do voluntariado, por cada saída ornitolóxica aceptanse donativos dos participantes.

Con nosas excursions xa podes disfrutar das aves mentras colaboras na conservación da píllara das dunas!