lunes, 8 de octubre de 2018

AS AVES DO DÍA DAS AVES 2018

O Día das Aves 2018 de SEO/BirdLife celebrouse en España en 140 puntos e con máis de 400 actividades participativas. En Galicia celebrámolo na Reserva  Ornitolóxica do Grove e contorna.


A valoración podémola considerar moi positiva xa que houbo un nivel moi importante de participación tanto de nenos como de adultos, pois  cubrironse todalas prazas dispoñibles, ademáis mostraron un grande interés pola natureza en xeral e pola observación de aves en particular.

Tamén a TVG  acercouse a facer unha reportaxe polo Día das Aves.
O taller de introducción a eBird foi interesante para todos e descoñecido para a maioría dos partícipes, que a partir de agora quedaron de subir as súas observacións de aves nesta aplicación móbil, que ademáis ofrece información detallada moi útil para deseñar estratexias de conservación de aves.


Coa excursión percorrimos distintos ambientes naturais da Reserva importantes para as aves: intermareal, marisma, baía, lagoas, ensenadas, campos de cultivo…, para poder observar o número máis diverso posible.


Vimos aves urbanas, aves limícolas, aves mariñas, aves rapaces, anátidas, ardeidos, rálidos, paseriformes…, algunhas residentes e outras en migración.


Esta é a lista das observacions:

Nome científico Nome galego  Nome castelán
Tachybaptus ruficollis Mergullón pequeño Zampullín común
Puffinus mauretanicus Furabuchos Pardela balear
Morus bassanus Mascato  Alcatraz atlántico
Phalacrocorax carbo Corvo mariño grande Cormorán grande
Phalacrocax aristotelis Corvo mariño cristado Cormorán moñudo
Egretta garceta Garzota común Garceta común
Egretta alba Garza branca grande Garceta grande
Ardea cinerea  Garza real Garza real
Platalea leucorodia Cullereiro Espátula común
Anas platyrhynchos Pato real Ánade azulón
Anas strepera Pato frisado Anade friso
Anas acuta Pato rabilongo Anade rabudo
Anas clypeata Pato cullerete Pato cuchara
Anas crecca Ceceta común Ceceta común
Accipiter nisus Gabián común Gavilán común
Rallus aquaticus Galiñola bicuda Rascón
Gallinula chloropus Galiñola común Gallineta común
Filica atra Galiñola negra Focha común
Haematopus ostralegus Gavita  Ostrero euroasiático
Arenaria interpres Virapedras Vuelvepiedras
Calidris alpina Pilro común Correlimos común
Actitis hypoleucos Bilurico das rochas Andarríos chico
Tringa totanus Bilurico común Archibebe común
Tringa nebularia Bilurico claro Archibebe claro
Gallinago gallinago Becacina Agachadiza común
Limosa limosa Mazarico rabinegro Aguja colinegra
Limosa laponica Mazarico rubio Aguja colipinta
Numenius arquata Mazarico real Zarapito real
Numenius phaeopus Mazarico chiador Zarapito trinador
Chroicocephalos ridibundus Gaivota chorona Gaviota reidora
Larus canus Gaivota cana Gaviota cana
Larus melanocephalus Gaivota cabecinegra Gaviota cabecinegra
Larus michahellis Gaivota patiamarela Gaviota patiamarilla
Larus fusvus Gaivota escura Gaviota sombría
Larus marinus Gaivotón  Gavión atlántico
Sterna sandwicensis Carrán cristado Charrán patinegro
Columba livia  domestica Pomba doméstica Paloma doméstica
Columba palumbus Pombo torcaz Paloma torcaz
Streptopelia decaocto Rula turca Tórtola turca
Alcedo atthis Martiño peixeiro Martín pescador
Picus sharpei Peto verde ibérico Pito real
Motacilla alba Lavandeira branca Lavandera blanca
Troglodytes troglodytes Carriza común Chochín común
Prunella modularis Azulenta común Acentor común
Erithacus rubecula Paporrubio europeo Petirrojo europeo
Phoenicurus ochruros Rabirrubio negro Colirrojo tizón
Saxicola rubicola Chasco europeo Tarabilla europea
Turdus merula Merlo común Mirlo común
Cettia cetti Rousinol bravo Cetia ruiseñor
Cisticola juncidis Carriza dos xuncos Cistícola buitrón
Sylvia melanocephala Papuxa cabecinegra Curruca cabecinegra
Sylvia atricapilla Papuxa das amoras Curruca capirotada
Phylloscopus collybita Picafollas europeo Mosquitero común
Phylloscopus trochilus Picafollas musical Mosquitero musical
Ficedula hypoleuca Papamoscas negro Papamoscas cerrojillo
Periparus ater Ferreiriño negro Carbonero garrapinos
Cyanistes caeruleus Ferreiriño azul Herrerillo común
Parus major Ferreiro real Carbonero común
Pica pica Pega rabilonga Urraca común
Corvus corone Corvo pequeno Corneja negra
Sturnus unicolor Estorniño negro Estornino negro
Passer domesticus Pardal común Gorrión común
Serinus serinus Xirín común Serín verdecillo 
Carduelis chloris Verderolo común        Verderón común
Carduelis carduelis Xílgaro europeo Jilguero 
Carduelis cannabina Liñaceiro común Pardillo común
Emberiza cirlus Escribenta común Escribano soteño
Estrilda atrild Pico de coral Pico de coral

O 7 de outubro foi un día moi fermoso e todos fomos un pouco máis felices contaxiados pola alegría das aves.